Portada

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Benvido(a) á Galipedia,
a versión en galego da Wikipedia. Este é un proxecto internacional feito por voluntarios, co propósito de facer unha enciclopedia libre, accesible, colaborativa e de balde en moitos idiomas. O obxectivo é a plena transmisión da sabedoría e o coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais. O desenvolvemento da Wikipedia está aberto a toda persoa interesada en contribuír.

Nesta versión galega, que comezou o 8 de marzo de 2003, xa temos 40,981 artigos.

Benvida COMOs Preguntas frecuentes Comunidade Políticas Axuda

Imaxe:Wbar_blue.jpg

A mata do porco, tamén denominada matanza, é o conxunto de operacións que se realizan para o sacrificio do porco, o faenado da canal e a posterior elaboración dos embutidos e outras pezas para conserva-la carne obtida. Non se aplica ó sacrificio industrial nin á actividade da industria cárnica, senón só á mata realizada no domicilio do propietario e exclusivamente para o consumo familiar.
Representa —sobre todo noutras épocas— a principal fonte de abastecemento de carne da familia rural para todo o ano, ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega. Asemade, foi durante séculos un dos momentos de nucleación social de maior tradición.

Imaxe:Wikibar2.png

O Xenocidio armenio (tamén coñecido coma Holocausto armenio ou Masacre armenio) é o termo normalmente empregado para facer referencia á deportación masiva e á morte durante a mesma dun número indeterminado de civís armenios, estimado en varios centos de miles ou máis dun millón, no goberno dos Mozos Turcos no Imperio Otomán, dende 1915 até 1917, durante a I Guerra Mundial.
Varios puntos en relación co xenocidio armenio son aínda hoxe materia dunha ardua discusión entre Turquía e a comunidade internacional. Aínda que non nega que os asasinatos de civís armenios ocorreran na realidade, o goberno turco non admite que se tratase dun xenocidio, argumentando que as mortes non foron a resulta dun plano de exterminio masivo organizado polo estado otomán, senón que, en troques, foron causadas polas loitas étnicas, as enfermidades e a fame durante o período da I Guerra Mundial. Porén, case tódolos estudosos -até algúns turcos- opinan que os feitos encádranse na definición actual de xenocidio.

Imaxe:Wbar_pink.jpg
Imaxe:wbar_green2.jpg
Retrato de Manfred Gnädinger, máis coñecido como Man, o alemán de Camelle
Vexa o artigo Manfred Gnädinger
Imaxe:wbar_purple.jpg
Índice de categorías Índice de categorías

Matemáticas e Ciencias naturais:

Matemáticas e Ciencias naturais

AstronomíaBioloxíaBotánicaCiencias naturaisFísicaMatemáticasMeteoroloxíaOceanografíaQuímicaXeoloxíaZooloxía

Arte e Cultura:

Arte e Cultura

ArteCineCulturaDeporteGastronomíaLiteraturaMúsicaMitoloxíaTeatro

Filosofía e Ciencias sociais:

Filosofía e Ciencias sociais

ArqueoloxíaEconomíaFilosofíaHistoriaLingüísticaPolíticaPsicoloxíaDereitoSocioloxíaXeografía (Galicia)

Ciencia e Tecnoloxía:

Ciencia e Tecnoloxía

AgriculturaArquitecturaEnxeñaríaEstatísticaInformáticaMedicinaTelecomunicaciónsTransporte

Todas as categorías
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Podes atopar Wikipedia en moitas outras linguas
Wikipedia noutras linguas

Wikipedias con máis de 2.000.000 artigos: Inglés

Wikipedias con máis de 150.000 artigos: Alemán · Francés · Polaco · Xaponés · Italiano · Neerlandés · Portugués · Castelán · Sueco · Ruso · Chinés · Finlandés

Wikipedias con máis de 25.000 artigos: Turco · Esperanto · Eslovaco · Checo · Catalán · Romanés · Ucraíno · Húngaro · Danés · Indonesio · Hebreo · Lombardo · Lituano · Esloveno · Serbio · Volapük · Búlgaro · Coreano · Estoniano · Árabe · Telugu · Croata · Cebuano · Nepal Bhasa · Galego · Grego · Tai · Noruegués (Nynorsk)

Ferramentas persoais