Saltar ao contido

Catedral de Santa María a Maior de Marsella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Catedral de Notre-Dame-de-la-Major»)
Catedral de Santa María a Maior de Marsella
Edificio
TipoCatedral
EstiloNeobizantino
Sistema estruturalPedra, mármore; Muros de pedra portantes con contrafortes internos e arcos de soporte
EnderezoPlace de la Major, 13002 Marsella
LocalizaciónMarsella, Francia
Coordenadas43°17′58″N 5°21′53″L / 43.299444, 5.364722Coordenadas: 43°17′58″N 5°21′53″L / 43.299444, 5.364722
PropietarioIgrexa Católica
Uso(s)Relixioso
Construción
Inicio1852
Dimensións
Altura70 metros
Plantas1
Equipo
Arquitecto(s)Léon Vaudoyer, Henri-Jacques Espérandieu
editar datos en Wikidata ]


A catedral de Santa María a Maior de Marsella, denominada en francés Sainte-Marie-Majeure, coñecida tamén como Catedral de la Major ou basílica de Sainte-Marie-Majeure, de evocación oriental por mor do seu estilo neobizantino, é a Catedral de Marsella, (Bocas do Ródano, Provenza, Francia). Foi construída na segunda metade do século XIX, entre 1852 e 1893.

Historia[editar | editar a fonte]

O século XIX significou para a cidade un período de crecemento económico, social e demográfico. Engalánase con edificios importantes: a estación Saint-Charles (1848), o Pazo da Bolsa (1852), o Pazo Longchamp (1862), o Pazo do Pharo (1854) ou a basílica Notre-Dame de la Garde (1864). É neste contexto onde se decide a construción dunha nova catedral, segundo os patróns marcados polo arquitecto Léon Vaudoyer.

A catedral da Maior eríxese sobre unha explanada entre o Vello Porto e o «novo» porto de comercio, preto do barrio da Joliette e do Forte Saint Jean. A súa arquitectura e a súa ornamentación interior, en mármore e pórfiro, dánlle un aspecto particular para un edificio relixioso.

Foi transformada en basílica menor por León XIII o 24 de xaneiro de 1896.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]