Walter Schottky
![]() ![]() | |
Nome orixinal | Walter Hermann Schottky |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xullo de 1886 ![]() Zürich, Suíza ![]() |
Morte | 4 de marzo de 1976 ![]() Forchheim, Alemaña ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Alemaña ![]() |
Formación profesional | Doutor en Física |
Educación | Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Würzburg ![]() |
Director de tese | Max Planck e Heinrich Rubens (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Física do estado sólido (pt) ![]() ![]() ![]() |
Ocupación | físico , enxeñeiro , profesor universitario , inventor , electrotechnician (en) ![]() ![]() |
Empregador | Universidade de Jena) Siemens AG Universidade de Wurzburgo Universidade de Rostock Siemens AG |
Profesores | Max Planck ![]() |
Lingua | Lingua alemá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Friedrich Schottky ![]() |
Irmáns | Ernst Max Schottky ![]() |
Premios | |
Medalla Hughes (1936) Medalla Carl Friedrich Gauss (1962) Werner-von-Siemens-Ring (1964) | |
Lista
|
Walter Hermann Schottky, nado en Zúric (Suíza) o 23 de xullo de 1886 e finado en Forchheim (Baviera) o 4 de marzo de 1976, foi un físico alemán.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo do matemático Friedrich Schottky, estudou física na Universidade Humboldt de Berlín e na Universidade de Wurzburgo. Foi alumno de Max Planck, que dirixiu a súa tese de doutoramento. Traballou para Universidade de Jena (1912-1914), a empresa Siemens AG (1914-1919), a Universidade de Wurzburgo (1919-1923), a Universidade de Rostock (1923-1927) e, de novo, para Siemens AG (1927-1958).
Schottky inventou a pantalla da rede de tubo de baleiro en 1915 e a válvula termoiónica tétrodo en 1919, mentres traballaba na Siemens. En 1938 formulou unha teoría para predicir o efecto Schottky, que agora se utiliza nos díodos Schottky.
Foi galardoado en 1936 coa medalla Hughes, concedida pola Royal Society «polo seu descubrimento do efecto Schrotlky na emisión termoiónica e a súa invención do tétrodo de pantalla de rede e dun método superheterodino de recibir sinais inalámbricas». O efecto Schrottky describe as variacións espontáneas en tubos de baleiro.
En 1964 recibiu o Anel Werner von Siemens en honor ao seu pioneiro labor no desenvolvemento físico para a comprensión de moitos fenómenos que deron lugar a numerosos e importantes aparatos técnicos, entre eles amplificadores de tubo e semicondutores.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Walter Schottky |