Óliver Laxe
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1982 (42 anos) París, Francia |
Educación | Universidade Pompeu Fabra |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, produtor de cinema, actor de cinema, guionista, actor |
Período de actividade | 2006 - |
Participou en | |
Tabakalera | |
Premios | |
| |
Óliver Laxe Coro, nado en París o 11 de abril de 1982,[1] é un actor, director e guionista de cinema galego. En 2010 gañou o Premio Fipresci do Festival Internacional de Cine de Cannes polo seu filme Todos vós sodes capitáns,[2] en 2016 gañou o Gran Premio da Semana da Crítica de Cannes polo seu traballo en Mimosas[3] e, en 2019, foi distinguido co Premio de Xurado, na sección "Un Certain Regard" pola película O que arde.
Tras Víctor Erice, é o segundo español que presentou as súas tres primeiras películas en Cannes.[4]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de pais galegos, Óliver Laxe naceu en París en 1982.[5] Cando tiña seis anos regresou con eles a Galicia, en 1988.[6] Tras estudar na Coruña, onde cursou o bacharelato no IES Monelos, marchou a Barcelona, onde se graduaría en Comunicación Audiovisual na Universidade Pompeu Fabra.
A súa filmografía comeza en Londres, onde xunto a Enrique Aguilar rodou a curtametraxe E as chemineas decidiron escapar (2006). Logo trasladouse a Tánxer, onde rodou as curtametraxes Suena una trompeta, ahora veo otra cara (2007) e París #1, coas que obtivo varios premios en certames cinematográficos.
Alí creou o proxecto Dao Byed, un obradoiro cinematográfico para os nenos pobres do Magreb. Desta experiencia, inspirada noutra similar de Lev Tolstoi con nenos labregos rusos, saíu a súa primeira longametraxe, Todos vós sodes capitáns (2009), coa que gañou o premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cine de Cannes 2010[5] e o Premio Revelación Chano Piñeiro á mellor dirección revelación nos Premios Mestre Mateo de 2010.
En 2016 rodou a longametraxe Mimosas, que se estreou tamén no Festival de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio da Semana da Crítica.[4] Este filme tamén lle valeu o Premio Mestre Mateo á mellor dirección.[5]
Aparece como actor no seu filme Todos vós sodes capitáns, así como en Moussem les morts (Vincent Le Port e Jean-Baptiste Alazard, 2010) e en The Sky Trembles and the Earth Is Afraid and the Two Eyes Are Not Brothers (Ben Rivers, 2015), cuxa primeira parte é un "como se fixo" de Mimosas.
En 2019, presentou no Festival de Cannes O que arde na sección "Un Certain Regard", sendo a primeira vez que se presenta unha película en galego nunha sección oficial.[4][7] Gañou o Premio do Xurado. Neste caso, coma nos anteriores, Televisión Española rexeitou participar na película;[8] en cambio si contou co apoio da TVG, de Agadic e da Deputación de Lugo.[7]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Como director
[editar | editar a fonte]- Las chimeneas decidieron escapar (2006)
- Suena la trompeta ahora veo otra cara (2007)
- París #1 (2008)
- Todos vós sodes capitáns (2010)
- Mimosas (2016)
- O salvaxe leva o seu tempo (2018)
- O que arde (2019)[9]
Como actor
[editar | editar a fonte]- Todos vós sodes capitáns (Óliver Laxe, 2010)
- Moussem les morts (Jean-Baptiste Alazard e Vincent Le Port, 2010)
- The Sky Trembles and the Earth Is Afraid and the Two Eyes Are Not Brothers (Ben Rivers, 2015)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2010 | Premio Fipresci | Todos vós sodes capitáns | Gañador |
2016 | Gran Premio da Semana da Crítica | Mimosas | Gañador |
2019 | Premio do Xurado, sección "Un Certain Regard" | O que arde | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2008 | Mellor obra experimental | París # 1 | Nomeado |
2010 | Premio Revelación Chano Piñeiro | - | Gañador |
2016 | Mellor director | Mimosas | Gañador |
Mellor guión | Mimosas | Nomeado | |
2019 | Mellor director | O que arde | Gañador |
Mellor guión | O que arde | Nomeado |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2019 | Mellor dirección | O que arde | Nomeado |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oliver Laxe". filmin.es (en castelán). Consultado o 29-5-2019.
- ↑ Fipresci.org (ed.). "Fipresci Awards 2010". Consultado o 29 de maio de 2016.
- ↑ Castro, R (29 de maio de 2016). ""Sós ante o imperio non se pode facer nada”". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2016. Consultado o 29 de maio de 2016.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Mato, Mar (19-4-2019). "Cannes proxectará por primeira vez un filme en galego: "O que arde", de Óliver Laxe". farodevigo.es. Consultado o 29-5-2019.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Óliver Laxe: “A cultura emancipa ao ser humano”". Balea Cultural. 29 de maio de 2018. Consultado o 28 de novembro de 2018.
- ↑ "Oliver Laxe y el cine español valiente". aprendercine.com (en castelán). Consultado o 23-11-2020.
- ↑ 7,0 7,1 "Oliver Laxe volve de Cannes con premio para o primeiro filme en galego da historia do festival". praza.gal. 25-4-2019. Consultado o 29-5-2019.
- ↑ "El cineasta coruñés Oliver Laxe carga contra TVE por 'pasar' de sus películas". galicia.economiadigital.es (en castelán). 14-4-2017. Arquivado dende o orixinal o 29-05-2019. Consultado o 29-5-2019.
- ↑ C, R (19 de xaneiro de 2017). "Oliver Laxe prepara un novo filme sobre un pirómano e busca actores non profesionais". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2017. Consultado o 19 de xaneiro de 2017. Arquivado 20 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.