Óscar Lojo-Batalla Sampedro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 Vilouta, España |
Morte | 1963 (89/90 anos) Vilouta, España |
Alcalde de Ames | |
1929 – 1936 | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Membro de |
Óscar Lojo Sampedro, coñecido como Óscar Lojo-Batalla Sampedro, nado en Vilouta (Ames) en 1873 e finado no mesmo lugar en 1963, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo do médico Batalla e sobriño de Casto Sampedro Folgar. Emigrou a Buenos Aires sendo novo. Retornou na década dos vinte. Foi nomeado alcalde de Ames a principios dos anos trinta e elixido en 1931 coa República. Creou varias escolas e custeou do seu peto a de Tapia, colaborou con Cruz Gallástegui e a Misión Biolóxica de Galicia e creou en Barouta unha feira de gando e produtos do campo. Foi cesado en agosto de 1936. Afeccionado a arqueoloxía, descubriu varios petróglifos e atopou pezas de cantería ou lápidas en Troitosende e na contorna da capela da Madalena, que doou ao Museo de Pontevedra.
Predecesor: ? |
Alcalde de Ames 1929 - 1936 |
Sucesor: Ramón Veiga Martín
|
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Os veciños dedicáronlle un busto que se instalou diante da antiga escola de Tapia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía Arquivado 10 de marzo de 2016 en Wayback Machine.