Óscar Sielva
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de agosto de 1991 (33 anos) Olot, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 177 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 75 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Óscar Sielva Moreno, nado en Olot o 6 de agosto de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido en Olot, formouse como futbolista nas canteiras do Santa Roc e o Garrotxa, antes de ingresar en 2006 nas categorías inferiores do Espanyol. O 30 de agosto de 2008, á idade de 17 anos e 24 días e sen ter vestido nunca a camiseta do filial, debutou co primeiro equipo na Primeira División, no partido inaugural da tempada ante o Real Valladolid, encontro no que substituíu ao histórico Iván de la Peña no treito final.[1] Xogou cinco partidos máis esa tempada, antes de fracturar dúas veces a clavícula.
Para a tempada 2009/10 foi cedido ao FC Cartagena, que viña de ascender á Segunda División. Con todo, só disputou pouco máis de 400 minutos durante a campaña, na que se enfrontou a miúdo co adestrador Juan Ignacio Martínez, que o quería facer xogar fóra de posición, como extremo. En xaneiro de 2010 regresou á estrutura do Espanyol para xogar co filial,[2] no que militou ata novembro de 2011, cando se incorporou ao equipo B do Málaga CF.
Deixou o Atlético Malagueño ao remate da tempada 2012/13 e posteriormente estivo a proba no Barcelona B, Girona [3] e Swansea City sen éxito.[4]
O 17 de xuño de 2014, despois dun ano sen equipo, fichou pola UE Olot, da Segunda División B.[5] Nos seguintes anos xogou tanto en Segunda B como en Terceira, defendendo as camisetas de Marbella FC,[6] CE Europa,[7] Somozas, Rápido de Bouzas e Ponferradina.[8]
Titular indiscutible no equipo berciano, en 2019 conseguiu o ascenso á Segunda División,[9] categoría na que xogou durante as seguintes campañas, coa propia Ponferradina primeiro e máis tarde co Eibar e o Huesca.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Membro habitual da selección española sub-17, xogou un papel fundamental no triunfo desta na Eurocopa de 2008 celebrada en Turquía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Espanyol rompe el hielo" (en castelán). 31 de agosto de 2008. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ 'Culebrón' Sielva: puede marcharse libre al Celta (Sielva 'soap opera': he may join Celta for free); Diario AS, 23 June 2010 (in Spanish)
- ↑ El Girona contacta amb Òscar Sielva per completar el pivot (Girona contact Òscar Sielva to complete central midfield); Diari de Girona, 7 August 2013 (in Catalan)
- ↑ "Òscar Sielva probará en el Swansea" (en castelán). 5 de novembro de 2013. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "Dos bajas y dos incorporaciones en la UE Olot" (en castelán). 17 de xuño de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "Óscar Sielva, del Olot, nuevo mediocentro para el Marbella FC" (en castelán). 24 de xullo de 2015. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "Òscar Sielva, Dani Márquez i Javi Navarro, tres nous jugadors escapulats" (en catalán). 7 de setembro de 2016. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "La Ponferradina ficha al centrocampista Óscar Sielva" (en castelán). 8 de xuño de 2018. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- ↑ "Bolo tira de la base del ascenso en Segunda". As (en castelán). 7 de outubro de 2019. Consultado o 9 de setembro de 2024.
- Nados en 1991
- Nados en Olot
- Futbolistas da Comunidade Valenciana
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do RCD Espanyol B
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do Atlético Malagueño
- Xogadores da UE Olot
- Xogadores do Marbella FC
- Xogadores do CE Europa
- Xogadores do Rápido de Bouzas
- Xogadores da UD Somozas
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do SD Eibar
- Xogadores do SD Huesca