Hioide
Aparencia
(Redirección desde «Óso hioide»)
Hioide | ||
---|---|---|
Óso hioide. Superficie anterior. | ||
Vista anterolateral da cabeza e do pescozo. | ||
Latín | os hyoideum | |
Precursor | Arcos branquiais 2º e 3º |
O hioide é un óso do pescozo, único, situado enriba da larinxe, coa que mantén importantes relacións. Únese a este órgano mediante a membrana tirohioide, entre a cartilaxe tiroide e o óso hioide. Na parte superior relaciónase coa parte máis posterior da lingua. A situación do hioide permite distinguir dous grupos distintos de músculos: os suprahioides (superiores ó hiode) e os infrahioides (inferiores ó hioide).
Estrutura do óso
[editar | editar a fonte]- Corpo:
- Cara anterior: insírense os seguintes músculos:
- Xenihioides
- Hiogloso
- Digástrico
- Estilohioide
- Cara posterior: relaciónase coa membrana tirohioide a través da bolsa adiposa de Boyer.
- Bordo superior: insírese a membrana hioglosa e os músculos hiogloso, xeniogloso e xenihioide.
- Bordo inferior: insírense os músculos:
- Tirohioide
- Omohioide
- Esternocleidohioide
- Cara anterior: insírense os seguintes músculos:
- Astas maiores:
- Superficie interna: insírese o músculo hiogloso.
- Superficie externa: insírese o músculo constritor medio da farinxe.
- Bordo superior: insírese o ligamento tirohioide lateral. Tamén hai fibras do músculo constritor medio da farinxe, do hiogloso do digástrico e o estilohioide.
- Bordo inferior: insírese a membrana tirohioide.
- Astas menores: insírense:
- Ligamento estilo-hiodeo.
- Músculo estilogloso
- Músculo hiogloso
- Músculo constritor medio da farinxe
Interese forense
[editar | editar a fonte]Nos asasinatos por estrangulación este óso adoita romperse.
Interese antropolóxico
[editar | editar a fonte]A posición do hioide é importante para determinar que homo podía falar e cal non. O primeiro en falar suponse a día de hoxe que é o Homo ergaster, cuxo hioide está máis elevado có dos homo predecesores.