Rally de Noia de 1993
Tipo | edición de rally |
---|---|
Organizador | Escudería Berberecho |
Parte de | Rally de Noia e Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally |
Número de participantes | 46 |
Localización e Datas | |
País | España |
Número de edición | 10 (1993) |
Competición | |
Primeiro posto | Germán Castrillón Permuy |
O Rally de Noia de 1993 foi a 10ª edición de dito rally e a segunda proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 17 de abril de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.[1]
Itinerario
[editar | editar a fonte]Constou de 83,6 quilómetros cronometrados, divididos en dez treitos, con dúas pasadas por cinco trazados diferentes: Montemuíño (10,3 km), Treites-Belles (5 km), O Tambre (7,35 km), Lesende (10,95 km) e San Fins (8,2 km).[2]
Resumo
[editar | editar a fonte]O equipo de Germán e Estrella Castrillón colocouse en cabeza dende o primeiro treito e foron os máis rápidos en case todos os demais treitos. Por detrás chegaron Senra e Rial, que pouco puideron facer contra o Escort RS Cosworth dos Castrillón.[1] O rally transcorreu sen incidentes excepto polo choque contra un muro do coche número 9, o Peugeot 205 de Santos, que fixo que unha pedra golpease a unha espectadora que tivo que ser evacuada. Isto provocou que o rally se detivese durante máis de 20 minutos.[3]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Pos | Piloto | Copiloto | Vehículo | Tempo/diferenza |
---|---|---|---|---|
1 | Germán Castrillón | Estrella Castrillón | Ford Escort RS Cosworth | |
2 | Manuel Senra | José Maceiras | Peugeot 309 GTI | a 25'' |
3 | Arturo Rial | Juan Carlos Arias | Citroën AX Sport | a 1'21'' |
4 | Juan Carlos Táboas | Luis Fernández | Citroën AX Sport |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Senra y Rial apenas pudieron presionar a Castrillón en Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de abril de 1993. p. 50.
- ↑ Arévalo, F. (16 de abril de 1993). "Castrillón es el piloto a batir". La Voz de Galicia (en castelán). p. 52.
- ↑ "Victoria de Castrillón en el Rally de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de abril de 1993. p. 56.
Predecesor: Rally do Albariño |
Campionato de Galicia de Rally Tempada 1993 |
Sucesor: Rally do Lacón |