Saltar ao contido

Explorer 17

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AE-A»)
Explorer 17 / AE-A
Explorer 17 / AE-A
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento3 de abril de 1963[1][2][3]
Foguete portadorDelta B[2][4][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][4]
Obxectivo da misiónEstudo da atmosfera superior[2][4]
Decaemento24 de novembro de 1966[1][2][4]
NSSDC ID1963-009A
Masa183,7 kg[2][4]
DimensiónsEsfera de 0,95 m de diámetro[2]
BateríasBaterías de cinc e prata[6]

Explorer 17, tamén denominado AE-A (Atmospheric Explorer A) e S-6, foi un satélite científico da NASA pertencente á serie Atmosphere Explorer lanzado o 3 de abril de 1963 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta D.[2][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Explorer 17 tiña forma de esfera de 0,95 m de diámetro feita de aceiro inoxidable e cun espesor de 0,6 mm.[6] Estabilizábase mediante xiro e foi selado no baleiro para evita-la contaminación da atmosfera local.[2][4] Foi inxectado inicialmente nunha órbita de 891 km de apoxeo, 254 km de perixeo e unha inclinación orbital de 57,6 graos.[4]

A alimentación eléctrica procedía de baterías de cinc e prata. Explorer 17 non usaba células solares debido ó proble de solta de gases que presentan e que podían falsear as medicións.[6] As baterías fallaron o 10 de xullo de 1963[2][4] e o satélite reentrou na atmosfera o 24 de novembro de 1966[1].

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Explorer 17 levaba a bordo catro medidores de presión para a medición da densidade de partículas neutras, dous espectrómetros de masas para a medición da concentración de certo tipo de partículas neutras, e dúas sondas electrostáticas para medi-la concentración de ións e a temperatura de electróns.[2][4]

Despois do lanzamento un dos medidores de presión e un dos espectrómetros fallaron. O outro espectrómetro funcionou intermitentemente.[2][4]

Resultados

[editar | editar a fonte]
Esquema do interior de Explorer 17.

Explorer 17 axudou a perfila-lo comportamento da ionosfera a latitudes medias, descubrindo que a temperatura de electróns aumenta rapidamente entre o lado diúrno e o nocturno, pasando duns valores nocturnos duns 1100 K a un pico de 2700 K a media mañá para pasar a unha chaira duns 2000 K a horas vespertinas.[7] Os medirores de presión axudaron a obter as densidades da atmosfera ás altitudes da órbita do satélite e comparalas coas calculadas co arrastre sufrido polo satélite.[8]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2012). Real Time Satellite Tracking, ed. "EXPLORER 17 (S-6)" (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 NASA (4 de novembro de 2011). "AE-A" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  3. "Letter dated 22 May 1963 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (63-12335): 2. 24 de maio de 1963. Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: AE A" (en inglés). Consultado o 10 de marzo de 2012. 
  5. 5,0 5,1 Mark Wade (2011). "Delta B" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2012. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Truman H. Aehle (outubro de 1966). Goddard Space Flight Center, ed. "LIGHWEIGHT BATTERY CONTAINERS FOR EXPLORER XVII (1963 A), THE ATMOSPHERIC STRUCTURE SATELLITE" (PDF) (en inglés). p. 12. Consultado o 12 de marzo de 2012. 
  7. L. H. Brace, N. W. Spencer, A. Dalgarno. "DETAILED BEHAVIOR OF THE MIDLATITUDE IONOSPHERE FROM THE EXPLORER XVII SATELLITE". 
  8. Slowey, J. (1964). "Atmospheric Densities and Temperatures from the Drag Analysis of the Explorer 17 Satellite". SAO Special Report (157). Consultado o 12 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]