Australian Football League
Nome oficial | Australian Football League (1990–) Victorian Football League (1897–1989) |
---|---|
Tipo | Australian rules football league (en) |
Deporte | Fútbol australiano |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
Localización | Melbourne (Victoria) 37°48′51″S 144°57′47″L / -37.8142, 144.9631 |
Area de operación | Australia |
Vixencia | 1897 – 1897 – |
Outro | |
Páxina web oficial | afl.com.au |
A Australian Football League (AFL, do inglés: Liga de Fútbol Australiano) é a competición masculina preeminente e única completamente profesional de fútbol australiano. A través da Comisión da AFL, a AFL tamén serve como organismo reitor do deporte e é responsable de controlar as regras do xogo. Orixinalmente coñecida como a Victorian Football League (VFL), foi fundada en 1896 como unha excisión da Victorian Football Association (VFA), sendo a súa temporada inaugural o ano seguinte. A VFL, co obxectivo de converterse nunha competición de carácter nacional, na década de 1980 comezou a expandirse a outros estados australianos máis aló de Victoria, mudando o seu nome a AFL en 1990. A AFL é a competición con máis audiencia de Australia, tanto en asistencia aos estadios como en espectadores por televisión e seguimento dos medios de comunicación.[1][2]
A liga consta actualmente de dezaoito equipos repartidos en cinco dos seis estados de Australia. A única excepción é Tasmania, aínda que hai moitos movementos que procuran o traslado dun equipo ao estado. Alén das respectivas sedes dos equipos, xóganse encontros da AFL en todos os estados e territorios continentais de Australia, así como en Nova Zelandia e a China para promover o deporte no estranxeiro. A temporada da AFL consiste actualmente nunha liga con 23 roldas disputada durante o inverno australiano (de marzo a setembro). O equipo que finaliza no primeiro lugar da táboa recibe o título do "minor premiership" (do inglés: campión menor). Após a finalización da liga, os oitos equipos mellor clasificados xoga un torneo de eliminación directa composto por catro roldas, o cal culmina na Gran Final de AFL, disputada cada ano no Melbourne Cricket Ground. O gañador da Gran Final recibe o premio de "premiers" (do inglés: campións) e a Premiership Cup (do inglés: Copa de Campións).[3]
Clubs
[editar | editar a fonte]A AFL funciona como unha soa liga pechada. É dicir, carece de divisións ou conferencia ou de ascensos e descensos. A liga foi fundada como Victorian Football League (VFL) en 1897, constando nesa altura de oito equipos, todos localizados no estado de Victoria. Co paso do tempo a liga foise expandido até chegar aos actuais dezaoito equipos, mudando o seu nome ao actual Australian Football League (AFL).
O Territorio da Capital Australiana, o Territorio do Norte e Tasmania son os únicos estados ou territorios que non teñen ningún equipo na AFL, aínda que cada ano se xogan polo menos dous encontros en cada unha desas partes do país. Aínda que os actuais dezaoito equipos teñen a súa sede en cinco estados de Australia, a maioría (10) permanecen en Victoria, nove dos cales están situados na área metropolitana de Melbourne. Os estados de Australia Meridional, Australia Occidental, Nova Gales do Sur e Queensland teñen dous equipos cada un.
Clubs actuais
[editar | editar a fonte]Club | Cores | Alcume | Estado | Estadio | Socios (2020) | Fund. | Liga anterior |
Temporadas VFL/AFL | Títulos VFL/AFL | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estrea | Total | Total | Último | ||||||||
Adelaide | Crows | Australia Meridional | Adelaide Oval | 54 891 | 1990 | — | 1991 | 30 | 2 | 1998 | |
Brisbane | Lions | Queensland | The Gabba | 29 277 | 1996 | — | 1997 | 24 | 3 | 2003 | |
Carlton | Blues | Victoria | Docklands Stadium | 67 035 | 1864 | VFA* | 1897+ | 124 | 16 | 1995 | |
Collingwood | Magpies | Victoria | Melbourne Cricket Ground | 76 862 | 1892 | VFA | 1897+ | 124 | 15 | 2010 | |
Essendon | Bombers | Victoria | Docklands Stadium | 66 686 | 1872 | VFA | 1897+ | 122† | 16 | 2000 | |
Fremantle | Dockers | Australia Occidental | Perth Stadium | 51 577 | 1994 | — | 1995 | 26 | 0 | — | |
Geelong | Cats | Victoria | Kardinia Park | 60 066 | 1859 | VFA | 1897+ | 121† | 9 | 2011 | |
Gold Coast | Suns | Queensland | Carrara Stadium | 16 236 | 2009 | — | 2011 | 10 | 0 | — | |
Greater Western Sydney | Giants | Nova Gales do Sur | Sydney Showground Stadium | 30 841 | 2009 | — | 2012 | 9 | 0 | — | |
Hawthorn | Hawks | Victoria | Melbourne Cricket Ground | 76 343 | 1902 | VFA | 1925 | 96 | 13 | 2015 | |
Melbourne | Demons | Victoria | Melbourne Cricket Ground | 40 571 | 1858 | VFA* | 1897+ | 121† | 12 | 1964 | |
North Melbourne | Kangaroos | Victoria | Docklands Stadium | 38 667 | 1869 | VFA* | 1925 | 96 | 4 | 1999 | |
Port Adelaide | Power | Australia Meridional | Adelaide Oval | 46 820 | 1870 | SANFL* | 1997 | 24 | 1 | 2004 | |
Richmond | Tigers | Victoria | Melbourne Cricket Ground | 100 420 | 1885 | VFA | 1908 | 113 | 13 | 2020 | |
St Kilda | Saints | Victoria | Docklands Stadium | 48 588 | 1873 | VFA* | 1897+ | 122† | 1 | 1966 | |
Sydney | Swans | Nova Gales do Sur^ | Sydney Cricket Ground | 48 322 | 1874 | VFA | 1897+ | 123† | 5 | 2012 | |
West Coast | Eagles | Australia Occidental | Perth Stadium | 100 776 | 1986 | — | 1987 | 34 | 4 | 2018 | |
Western | Bulldogs | Victoria | Docklands Stadium | 38 876 | 1877 | VFA | 1925 | 96 | 2 | 2016 | |
^ indica que o club mudou de sede ao longo da súa historia * indica que o club foi membro fundador da súa anterior liga + indica que o club foi membro fundador da VFL † indica que o club non participou nunha ou máis temporadas debido a Guerras Mundiais |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Australian rules football". britannica.com (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "Australian rules football". topendsports.com (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.
- ↑ "About AFL". afl.com.au (en inglés). Consultado o 26 de xullo de 2021.