Saltar ao contido

Acuaporina 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «AQP1»)
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Símbolo633
Identificadores
externos
LocusCr. 7 p14.3
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
358 11826
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P29972 Q02013
RefSeq
(ARNm)
NM_198098 NM_007472
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001316801 NP_031498
Localización (UCSC)
Cr. 7:
30.91 – 30.93 Mb
Cr. 6:
55.34 – 55.35 Mb
PubMed (Busca)
358


11826

A acuaporina-1 é unha proteína que forma unha canle acuosa de membrana, que nos humanos está codificada no xene AQP1 do cromosoma 7.

A AQP1 é unha canle acuosa amplamente expresada, cuxa función fisiolóxica foi mellor caracterizada nos riles. Encóntrase nas membranas plasmáticas basolaterais e apicais das células dos túbulos proximais dos riles, o rama descendente da asa de Henle e na porción descendente dos vasa recta. Ademais, encóntrase nos glóbulos vermellos, endotelio vascular, o tracto gastrointestinal, as glándulas sudoríparas e os pulmóns.

Non é regulada pola vasopresina (ADH).

As acuaporinas son unha familia de pequenas proteínas integrais de membrana relacionadas coas proteínas intrínsecas maiores (MIP ou AQP0). Este xene codifica unha acuaporina que funciona como proteína de canle acuosa molecular e tamén como canle catiónica non selectiva. É un homotetrámero con 6 dominios que se estenden por toda a bicapa e sitios de N-glicosilación. A proteína lembra fisicamente as proteínas de canle e é abundante en eritrocitos e túbulos renais. O xene que codifica esta acuaporina é un posible candidato a estar implicado en trastornos que supoñen un desequilibrio no movemento do fluído ocular.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo incorpora textos da Biblioteca de Medicina dos Estados Unidos de América, que está en dominio público.