Applications Technology Satellite 5
Applications Technology Satellite 5 | |
---|---|
ATS-5 | |
Tipo | Demostrador tecnolóxico |
Organización | NASA |
Data de lanzamento | 12 de agosto de 1969[1][2][3][4] |
Foguete portador | Atlas SLV-3C Centaur D[2][5] |
Sitio de lanzamento | Centro Espacial Kennedy[2][6] |
Obxectivo da misión | Demostración de novas tecnoloxías no espazo.[2] |
NSSDC ID | 1969-069A |
Masa | 821 kg[2][5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 42.385 km[1] |
Inclinación | 11 graos[1] |
Apoapse | 36.024,9 km[1] |
Periapse | 36.003,1 km[1] |
Applications Technology Satellite 5 ou ATS 5 foi un satélite artificial dos Estados Unidos adicado a probar novas tecnoloxías e lanzado o 12 de agosto de 1969 mediante un foguete Atlas SLV-3C Centaur D desde o Centro Espacial Kennedy, en Florida, Estados Unidos.
Características
[editar | editar a fonte]ATS-5 probou diferentes tecnoloxías relacionadas coas comunicacións e a observación da Terra. Tamén levaba experimentos sobre partículas e campos eléctricos e magnéticos.[2]
Debido a un problema co satélite, o sistema de estabilización por gradente gravitatorio non se desplegou e a nave quedou estabilizada mediante xiro, a unhas 71 revolucións por minuto, afectando negativamente ós experimentos que necesitaban a estabilización por gradiente. A misión foi declarada infrutuosa, aínda que algúns dos experimentos proporcionaron datos útiles.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ATS 5" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (8 de xullo de 2011). "ATS 5" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2011.
- ↑ "Information Furnished in Conformity with General Assembly Resolution 1721 B (XVI) by States Launching Objects into Orbit or Beyond" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (70-03601): 2. 24 de febreiro de 1970. Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ Claude Lafleur (2018). "ATS 5" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ATS 2, 4, 5" (en inglés). Consultado o 27 de xullo de 2011.
- ↑ Mark Wade (2018). "ATS-5" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2018.