A Saia
Aparencia
A Saia | |
---|---|
![]() | |
País | España |
Lugar | Santiago de Compostela |
Lingua | lingua galega |
Fundación | 1982 |
Primeira edición | 1982 |
Última edición | 1983 |
Descrito por | Diccionario da literatura galega e Enciclopedia Galega Universal |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Saia foi o voceiro do Colectivo Feminista Independente Galego. Só tivo unha edición. O nº 0 saíu publicado en marzo de 1982 (co gallo do Día Internacional da Muller Traballadora o 8 de marzo), sendo a primeira revista do movemento feminista organizado en Galicia.
Nel colaboraron personalidades como Carmen Blanco, Margarita Ledo, María Bauçá ou Ana Romaní, e incluía unha entrevista a Ana Liste.
Editouse en Santiago de Compostela, e tiña un prezo de 50 pesetas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Saia, A". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A Saia, número 0. No Álbum de Mulleres
- A Saia. Publicacións periódicas feministas Consello da Cultura Galega.