Saltar ao contido

Aquíridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Achiridae»)
Aquíridos
Achiridae

Achirus lineatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Actinopterygii
Subclase: Neopterygii
Infraclase: Teleostei
Superorde: Acanthopterygii
Orde: Pleuronectiformes
Suborde: Pleuronectoidei
Familia: Achiridae
Rafinesque, 1815 [1]
Xéneros, especies e subespecies
  • Véxase o texto
Gymnachirus texae.
Hypoclinemus mentalis.
Trinectes maculatus.

A dos aquíridos (Achiridae) é unha familia de peixes osteíctios da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos que abrangue preto de 35 especies distribuídas en 9 xéneros propias das augas doces e salgadas de ambas as Américas.

Estes peixes planos están estreitamente relacionadas cos da familia dos soleidos (linguados), e en tempos pasados foron clasificados como unha subfamilia desta, aínda que teñen un unha serie de características distintivas que xustifican a súa actual colocación nunha familia propia. A isto alude o seu nome vulgar inglés de american soles (liguados americanos).

Características

[editar | editar a fonte]

Ambos os ollos están situados no lado dereito do corpo, que é de forma ovalada ou arredonda visto lateralmente, incluíndo as aletas.
O labio inferior do lado cego ou depigmentado ten un bordo carnoso, reforzado por unha cartilaxe interna, o que é un carácter distintivo da familia.
As aletas dorsal e anal está xeralmente separadas da aleta caudal.
As aletas pectorais son moi pequenas ou están ausentes (ao que alude o seu nome científico).
A aleta dorsal esténdese cara a adiante até rodear todo o maxilar superior.[2]

Son peixes bastante pequenos, xa que o tamaño medio das especies duns 15 cm, sendo as especies de río de maior tamaño que as mariñas.[2] Tan só Achirus achirus supera os 30 cm de lonxitude.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A familia foi descrita por primeira vez polo naturalista estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque.[1]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Na actualide recoñécense dentro da familia os seguintes xéneros:[1]

Porén, diversos autores recoñecen só 6 xéneros (con 33 especies),[4][5] e outros, 7.[6]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Achiridae está formado pola raíz do latín científico Achir-, derivada do termo do grego antigo άχειρος ácheiros,[7] "sen mans" (de α- a- elemento privativo, e χείρ cheír,[8] "man"), e a desinencia ´-idae, propia dos nomes das familias de animais. Literalmente: "os mancos", aludindo á brevidade ou ausencia das aletas pectoriais destes peixes.

  1. 1,0 1,1 1,2 Achiridae Rafinesque, 1815 no WoRMS.
  2. 2,0 2,1 Ramos, R. T. C. (2003): "Achiridae (American soles)", p. 666-669 en R. E. Reis, S. O. Kullander e C. J. Ferraris, Jr. (eds.) Checklist of the Freshwater Fishes of South and Central America. Porto Alegre, Brasil: EDIPUCRS.
  3. Froese, Rainer and Pauly, Daniel, eds. (2014): Achirus achirus (Linnaeus, 1758) en FishBase.
  4. Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Achiridae en FishBase.
  5. Achiridae no SIIT
  6. Achiridae na EOL.
  7. A adaptación en latín é [achiros].
  8. A adaptaciíon en latín é [chir].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
  • Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
  • Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
  • Van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014). "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1–230. doi:10.11646/zootaxa.3882.1.1. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]