Acropomátidos
Aparencia
(Redirección desde «Acropomatidae»)
Os Acropomátidos (Acropomatidae) son unha familia de peixes mariños teleósteos, incluída na orde Perciformes. Están distribuídos por tódolos océanos de augas temperadas do Atlántico, Índico e Pacífico.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes de tamaño xeralmente pequeno. Teñen dúas aletas dorsais, a primeira con 7 a 10 espiñas, a segunda con ou sen espiñas e 8 a 10 raios brandos; a aleta anal ten 2 ou 3 espiñas e 7-9 raios brandos; as aletas pelvianas unha espiña e 5 raios brandos; caudal furcada. No opérculo aparecen dúas espiñas redondeadas. Liña lateral completa e continua.
As especies do xénero Acropoma teñen órganos luminiscentes.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en oito xéneros e 33 especies:
- Xénero Acropoma (Temminck e Schlegel, 1843)
- Xénero Apogonops (Ogilby, 1896)
- Xénero Doederleinia (Steindachner en Steindachner e Döderlein, 1883)
- Xénero Malakichthys (Döderlein en Steindachner e Döderlein, 1883)
- Xénero Neoscombrops (Gilchrist, 1922)
- Xénero Pseudohowella (Fedoryako, 1976)
- Xénero Synagrops (Günther, 1887)
- Xénero Verilus (Poey, 1860)
Ademais dun xénero fósil extinguido: Acropomatidarum
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acropomátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Acropomátidos |