Enterobacter aerogenes
Enterobacter aerogenes | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||
Enterobacter aerogenes |
Enterobacter aerogenes (antes chamada Aerobacter aerogenes) é unha especie de bacterias gramnegativas con forma de bacilo da familia das enterobacteriáceas. Caracterízase por ser oxidase negativa, catalase positiva, citrato positiva, e indol negativa.[1]
E. aerogenes é unha bacteria patóxena nosocomial que causa infeccións oportunistas. A maioría son sensibles á maioría dos antibióticos que afectan a esta clase de bacterias, pero presenta mecanismos de resistencia inducibles, especialmente a lactamase, o que significa que rapidamente se pode facer resistente aos antibióticos estándar durante o tratamento, o que requirirá cambiar de antibiótico.
Algunhas das infeccións causadas por E. aerogenes orixínanse durante tratamentos específicos con antibióticos, insercións de catéteres, e procedementos cirúrxicos. E. aerogenes atópase xeralmente no tracto gastrointestinal humano e normalmente non causa enfermidade en individuos sans. Pode vivir en diversos residuos, compostos químicos hixiénicos e no solo. A bacteria tamén ten certa importancia comercial, xa que produce gas hidróxeno durante a fermentación usando melazas como substratos.
Pode estragar o zume e o xarope de pradairo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Enterobacter spp.: pathogens poised to flourish at the turn of the century Authors: W. EUGENE SANDERS, JR., and CHRISTINE C. SANDERS
- ↑ MICROBES INVOLVED IN FOOD SPOILAGE Authors: Gabriel Chavarria, Julia Neal, Parul Shah, Katrina Pierzchala, Bryant Conger
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Enterobacter Infections - MedScape (en inglés)