Agamidae
Agamidae Agámidos Rango fósil: Eoceno medio - Actualidade (38,5 - 0 Millóns de anos) | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Agama agama | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Subfamilias | |||||||||||||||||||||
|
A dos agámidos (Agamidae) é unhna de familia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios e infraorde dos iguanios, que comprende máis de 400 especies en África, Asia, Oceanía e algunhas no sur de Europa.
Filoxeneticamente están relacionadas cos iguánidos, caracterizadas pola dentición predominantemente acrodonte.
Características
[editar | editar a fonte]Os agámidos teñen usualmente fortes patas. As súas colas non poden rexenerarse como as dos xecos. Moitas especies son capaces de limitados cambios de coloración. Ecoloxicamente viven desde cálidos desertos a selvas tropicais.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1825 polo naturalista, médico, zoólogo e explorador alemán Johann Baptist von Spix, nas páxinas 1-26 da súa obra Animalia nova sive species nova lacertarum quas in itinere per Brasiliam annis MDCCCXVII-MDCCCXX jussu et auspicius Maximiliani Josephi I Bavariae Regis suscepto collegit et descripsit Dr. J. B. de Spix. (Texto completo).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da familia está formado, como é norma, sobre a raíz do seu xénero tipo, Agamus, coa adición do sufixo do latín científico -idae, propio das familias de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense dentro da familia as subfamilias seguintes:[1]
- Agaminae Spix, 1825
- Amphibolurinae Wagler, 1830
- Draconinae Fitzinger, 1826
- Hydrosaurinae Kaup, 1828
- Leiolepidinae Fitzinger, 1843
- Uromastycinae Theobald, 1868
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agamidae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Agamidae |
Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |