Saltar ao contido

Aguia pomarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aguia pomerana»)
Aguia pomarina

Adulto
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Falconiformes
Familia: Accipitridae
Subfamilia: Buteoninae (disputado)
Xénero: Clanga
Especie: C. pomarina
Nome binomial
'Clanga pomarina'
Brehm, 1831
Verán (verde claro) e inverno (azul)
Verán (verde claro) e inverno (azul)

Verán (verde claro) e inverno (azul)
Sinonimia

Aquila pomarina

Clanga pomarina

A aguia pomarina[2] (Clanga pomarina, antes Aquila pomarina) é unha ave rapaz.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

É unha aguia de tamaño pequeno, cunha lonxitude de entre 55–66 cm, unha envergadura entre 143–168 cm e cun peso entre 1100 e 2000 gramos. De cor parda, máis clara cá aguia manchada. As femias son idénticas ós machos.

Aliméntase de roedores, anfibios, pequenas aves e insectos. O seu hábitat máis habitual en Europa son as fragas con presenza de auga.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A cría realizase en Europa entre os meses de abril e xuño. A posta consiste en dous ovos cun tempo de incubación de 38-41 días. Os polos permanecen no niño entre 50-55 días.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Dende abril a setembro permanece en Europa, dende a parte máis Oriental de Alemaña ata o Extremo Occidental de Rusia. Do norte ó sur, esténdese dende os Países Bálticos ata Grecia, Turquía e os países do Cáucaso. Esporadicamente, observable durante a migración, en Italia e Oriente Próximo. Pasa o inverno en África.

  1. BirdLife International (2013). "Aquila pomarina". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest. (en castelán)