Saltar ao contido

Ahkal Mo' Nahb II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ahkal Mo' Naab' II»)
Modelo:BiografíaAhkal Mo' Nahb II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de setembro de 523 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xullo de 570 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata (46 anos)
Ajaw de Palenque
2 de maio de 565 – 21 de xullo de 570
← K'an Joy Chitam IKan Bahlam I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPalenque Editar o valor en Wikidata
RelixiónReligião Maia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsKan Bahlam I Editar o valor en Wikidata

Ahkal Mo' Nahb' II ou Ahku'l Mo' Naab' II, nado o 3 de setembro de 523 e finado o 21 de xullo de 570, foi un ahau do señorío de B'aakal, cuxa cidade capital era Lakam Ha', hoxe coñecida como a zona arqueolóxica maia de Palenque. É tamén referido como Chaacal II ou Akul Anab II.[1] A tradución ou interpretación do seu nome foi proposta como Lago da Tartaruga Guacamaia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi neto de Ahkal Mo' Nahb I, e nalgunhas inscricións é chamado así: ou mam Ahkal Mo' Nahb (o neto de Ahkal Mo' Naab'). De acordo á conta longa do calendario maia naceu o 9.4.9.0.4 7 k'an 17 mol, é dicir, o 3 de setembro do ano 523. Ascendeu ó poder cinco días despois da morte do seu antecesor, o 9.6.11.5.1 1 imix 4 zip, é dicir, o 2 de maio de 565.[2]

Os datos da súa vida están escritos no taboleiro do Templo da Cruz e no sarcófago de Pakal “o Grande”. Só gobernou cinco anos, morreu o 9.6.16.10.7 9 manik 5 yaxkin, é dicir, o 21 de xullo de 570. Foi sucedido por Kan Bahlam I, quen moi probablemente era o seu irmán.[3]

  1. Skidmore, 2008; 31
  2. Florescano, 2009; 235
  3. Skidmore, 2008; 33

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]