Al Jazeera
Aparencia
(Redirección desde «Al-Jazeera»)
Al Jazeera | |
---|---|
Na rede
| |
https://www.aljazeera.com/, https://www.aljazeera.net/, https://chinese.aljazeera.net/ e http://aljazeera.com.tr/ | |
Al Jazeera ( الجزيرة, a illa ou a península en árabe) é unha canle árabe de televisión por satélite radicada en Qatar. Fundouse en 1996 polo goberno qatarí, converteuse na principal canle de noticias do mundo árabe. En orixe gratuíta e financiada polo goberno, a emisora comezou a cobrar polos seus servizos e independizouse financeiramente. A partir de 1998 emite 24 horas e ten a súa maior audiencia en Oriente Próximo e entre os emigrante árabes en Europa.
A canle fíxose coñecida internacionalmente logo dos ataques do 11 de setembro de 2001, cando se produciu a intervención norteamericana en Afganistán, ao ser a única canle internacional en ter correspondentes no país.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web de Al Jazeera (en árabe) (en inglés)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Jazeera |