Saltar ao contido

Atol Aldabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aldabra»)
Modelo:Xeografía políticaAtol Aldabra
Aldabra (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 9°24′59″S 46°24′59″L / -9.4164, 46.4164
EstadoSeychelles Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie155,4 km² Editar o valor en Wikidata
Medición13 (ancho) × 34 (lonxitude) km
Bañado porOcéano Índico Editar o valor en Wikidata
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Sitio Ramsar
Data2 de febreiro de 2010
Identificador1887
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → África
Data1982 (6ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (ix) e (x) Editar o valor en Wikidata
Identificador185
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1342 Editar o valor en Wikidata

Mapa de Aldabra
Tartaruga verde

Aldabra é un atol de coral no océano Índico, pertence ao distrito de Outer Islands, nas Seychelles, sen poboación permanente, cunha gran riqueza natural no referente a flora e fauna autóctonas, o que lle valeu ser catalogado pola UNESCO en 1982 como Patrimonio da Humanidade. Entre a súa fauna endémica destaca a tartaruga xigante de Aldabra (Aldabrachelys gigantea), das cales arredor de 152.000 viven en Aldabra. Tamén destaca unha importante poboación de tartaruga verde (Chelonia mydas) e tartaruga carei (Eretmochelys imbricata).

Administrativamente o atol pertence ás illas Seychelles desde a súa independencia en 1976. Ata esa data e desde 1965, o atol pertencía xunto coas illas de Desroches e Farquhar ao Territorio Británico do Océano Índico.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol sitúase a 430 km ao noroeste do extremo norte de Madagascar e a 1.110 km ao suroeste de Mahé, a illa principal do arquipélago das Seychelles.

Trátase do segundo atol máis grande do mundo logo de Kiritimati. Ten 34 km de longo por 14,5 km de ancho. O punto máis alto elévase a 8 m sobre o nivel do mar. A superficie total terrestre é de 155.4 km² e a da lagoa interna de 224 km². En horas de marea baixa, as augas retíranse de case dous terzos da lagoa, deixando o fondo ao descuberto.

O atol é en realidade unha sucesión de catro illas maiores dispostas en forma de anel:

  • Illa Sur (Grand Terre, 116,1 km²)
  • Illa Media (Malabar, 26,8 km²)
  • Polymnie (4,75 km²)
  • Illa Oeste (Picard, 9,4 km²)

Con algunhas outras pequenas dentro da lagoa, como a Ile aux Cendres, Ile Michel, Ile Esprit, Ile Moustiques, Ilot Parc, Ilot Emile, Ilot Yangue, Ilot Dubois, Ilot Magnan, Ile Lanier. O asentamento abandonado de Picard no suroeste da illa do mesmo nome é agora empregado pola garda forestal. O atol de Aldabra forma parte do coñecido como Grupo de Aldara coas illas de Astove, Asunción, e o atol de Cosmoledo.

Aldabra foi visitada por navegantes portugueses en 1511, aínda que xa era coñecida polos árabes, a quen debe o seu nome. Durante o século XVIII formou parte da colonia francesa de Reunión desde onde se organizaban expedicións de caza de tartarugas. En 1810, xunto con Reunión, Mauricio, as Seychelles e outras illas, Aldabra pasou a mans británicas. Posteriormente, Reunión foi devolta a Francia e tanto Aldabra como as Seychelles foron postas baixo a administración británica de Mauricio.

Estableceuse o asentamento de Picard, no extremo suroeste da Illa Oeste que foi ocupado por emigrantes das Seychelles. Finalmente foi abandonado e hoxe en día acolle a estación de estudo da vida salvaxe e ao seu persoal. Non hai poboación permanente e o atol está administrado pola Seychelles Island Foundation.

Grupo de Aldabra

[editar | editar a fonte]

O grupo de illas de Aldabra comprende:

  • Atol de Aldabra
  • Illa de Asunción
  • Atol de Cosmoledo
  • Illa Astove

A superficie total do Grupo de Aldabra ascende a 176 km². Ecoloxicamente, o grupo constitúe a ecorrexión denominada matogueira xerófila das illas Aldabra.