Alejandro Simón Partal
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xullo de 1983 ![]() Estepona ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Escrita creativa e profesional, poesía, Prosa, filoloxía, Estudos de xénero, poesía española e crítica literaria ![]() |
Ocupación | poeta, crítico literario, escritor, profesor universitario ![]() |
Período de actividade | 2010 ![]() |
![]() |
Alejandro Simón Partal, nado o 26 de xullo de 1983 en Estepona (Málaga) é un escritor e poeta español. Recibiu o XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hita polo poemario La fuerza viva.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É doutor en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid.[1] Como investigador estivo vinculado á Universidade de Salamanca; o seu labor centrouse no estudo da obra de poetas contemporáneos. O seu proxecto La carencia de Eros: felicidad en el medio siglo obtivo a XXII Bolsa de Investigación Literaria Miguel Hernández 2016 e a súa publicación pola UNED.[2] Entre 2015 e 2016 estivo dando clase en Calais (Francia)[3].
A súa obra inclúe os poemarios El guiño de la Chatarra (2010), Nódulo Noir (2012) e Los himnos abdominales (2015), todos eles publicados pola Editorial Renacemento, e o ensaio A cuerpo gentil: belleza y deporte en la poesía de González-Iglesias (Visor, 2017).[1] En 2023 publicou a antoloxía Ese de anoche, que recolle versos antigos xa publicados e tamén unha presada de inéditos.
Ten colaborado en diversos medios como El Estado Mental, El País ou Diario de Sevilla, entre outros.
En 2017 obtivo o XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hita coa súa obra La fuerza viva (Pre-Textos, 2017).[4][5]
En setembro de 2021 publicouse a súa primeira novela "La Parcela" (2021)[6].
Obra
[editar | editar a fonte]- El guiño de la Chatarra (2010). Editorial Renacimiento.
- Nódulo Noir (2012). Editorial Renacimiento.
- Los himnos abdominales (2015). Editorial Renacimiento.
- La fuerza viva (2017). Editorial Pre-textos.
- Una buena hora (2019). Editorial Visor.
- Ese de anoche (2023). Aguilar.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- A cuerpo gentil: belleza y deporte en la poesía de González-Iglesias (2017)
- Las virtudes de lo ausente: fe y felicidad en la poesía española contemporánea (2018)
Teatro
[editar | editar a fonte]- Sed despojo (2016)
- Resistencia y sumisión (2019)
Novela
[editar | editar a fonte]- La parcela (2021)
Distincións
[editar | editar a fonte]- Premio Cálamo Otra Mirada por La parcela (2021).[7]
- LI Premio Internacional de Poesía Hermanos Argensola (2019)
- XXXVIII Premio de Poesía Arcipreste de Hta (2017)
- II Premio Ciudad de Estepona, modalidade de poesía, co poema "Asentos Reservados" (2009)
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dos poemas de Alejandro Simón Partal (España, 1983)". Oculta. 13 de xaneiro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ Sotorrío, Regina (21 de novembro de 2016). "Alejandro Simón: «La felicidad es un proceso de la madurez, de joven quieres ser un poeta maldito»". Diario Sur.
- ↑ Casielles, Laura (2021-12-17). "Alejandro Simón Partal: "Las fronteras no tienen nada que ver con los márgenes, están en el centro mismo de quien las vive"". lamarea.com (en castelán). Consultado o 2023-11-10.
- ↑ Bagué Quílez, Luis (19 de abril de 2017). "La fuerza del cuerpo". El País.
- ↑ "Instantes únicos". Diario de Sevilla.
- ↑ Barrau, Daniel Montserrat (15 de septiembre de 2021). "Alejandro Simónlanza un alegato por la vida en 'La Parcela'.". Periódico de Aragón.
- ↑ Redacción (17 de xaneiro de 2022). "Elaine Vilar Madruga se hace con el premio Cálamo por 'La tiranía de las moscas'". El Periódico. Consultado o 17 de xaneiro de 2022.