Alfonso Díaz Revilla
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1958 ![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Alfonso Díaz Revilla, nado o 1 de maio de 1958, é un arquitecto e urbanista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alfonso Díaz Revilla estudou a carreira de Arquitectura nas escolas de Barcelona e A Coruña, especializándose en Urbanismo.
En 1978 fundou na Coruña, xunto cos arquitectos Juan Luis Dalda e José Díaz Sotelo, e o economista Ánxel Viña Carregal, o gabinete Oficina de Planeamiento S.A., co que participou na elaboración de plans e proxectos urbanísticos nas principais cidades de Galicia[1]. Redactaron planeamento urbanístico municipal para os concellos de Ferrol, Oleiros, Vigo e Santiago de Compostela, entre outros.
Recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1997-1998 polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela.