Saltar ao contido

Minarete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alminar»)
Minaretes da mesquita de Asuán

O minarete[1], ou alminar[2], é o nome co que se coñecen ás torres das mesquitas, procede do árabe منار minār ou manār, o segundo directamente con adición do artigo árabe al- e o primeiro do francés minaret, tomado do turco, minare, que á vez tomouno do árabe. A verba árabe minar significa en realidade «faro», xa que no pasado adoitábase pendurar luces nos minaretes para orientar aos viaxeiros cara a cidade. En árabe a palabra que designa máis axeitadamente ao minarete é مئذنة mi'dhana, é dicir, lugar dende onde realízase o أَذَان adhan ou chamada da oración.

O seu principal labor é, polo tanto, facilitar que a máxima cantidade de xente posible oia cada unha das cinco chamadas diarias á oración. Para iso adoita ter na súa parte máis alta un balcón que o rodea, dende o cal o muecín ou almuédano (مُؤَذِّن mu'aḏḏin -"gritador"-) realizaba tradicionalmente a chamada á oración (صلاة salat) mediante a voz. Na actualidade, o almuédano foi substituído con frecuencia por un megáfono.

A forma dos minaretes varía segundo as zonas. No Magreb, as mesquitas adoitan ter só un, de planta cadrada, o exemplo máis fermoso é o antigo minarete da Gran Mesquita de Kairuán en Tunes. No oriente musulmán son habituais as mesquitas con máis dun, xeralmente dous ou catro, e de forma variable. Son característicos nos lugares de influencia otomá os esveltos minaretes de sección circular, cun balcón sobresaínte e un tellado cónico.

alminar
Minarete da Gran Mesquita de Kairuán

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]