Amadeo de Souza-Cardoso
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1887 Mancelos, Portugal (pt) |
Morte | 25 de outubro de 1918 (30 anos) Espinho, Portugal |
Causa da morte | gripe de 1918 gripe |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e debuxo |
Lugar de traballo | Portugal |
Ocupación | caricaturista, pintor |
Período de actividade | 1907 - 1918 |
Movemento | Modernismo, Impresionismo, Expresionismo, Cubismo, Futurismo e Posmodernismo |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Amadeo de Souza-Cardoso, nado en Amarante o 14 de novembro de 1887 e finado en Espinho o 25 de outubro de 1918, foi un pintor portugués, precursor da arte moderna, proseguindo o camiño trazado polos artistas de vangarda da súa época.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado no seo dunha familia rica, esta influíuno no seu ingreso no curso de Dereito na Universidade de Coímbra, cambiando ao pouco tempo Dereito por Arquitectura na Academia de Belas Artes de Lisboa en 1905. O curso non satisfixo o seu xenio creativo, decidindo entón marchar a París en 1906 para instalarse no arrabalde de Montparnasse coa intención de seguir aló os seus estudos. As súas primeiras experiencias artísticas coñecidas foron deseños e caricaturas, despois adicouse á pintura. Pódese dicir que foi un pintor impresionista, expresionista, cubista, futurista mais sempre se negou a ser etiquetado como pintor dun determinado estilo. Malia as múltiples influencias das que foi influído, sempre procurou desenvolver unha creatividade e orixinalidade de seu nas súas obras. En 1908 instalouse no número catorce da Cité de Falguière. Alí frecuentou talleres preparatorios para a Academia de Beaux-Arts e a Academia Viti do pintor catalán Anglada Camarasa mais, a pesar diso, non chegou a ser admitido. En 1910 pasou algúns meses na cidade de Bruxelas e en 1911 expuxo algúns dos seus traballos no Salon des Indépendants, en París, achegándose paseniñamente ás vangardas e a artistas como Amedeo Modigliani, Constantin Brancusi, Alexander Archipenko, Juan Gris e Robert Delaunay. En 1912 publicou un álbum con vinte deseños e copiou o conto de Gustave Flaubert, "La Légende de Saint Julien l'Hospitalier", traballos ignorados polos expertos en arte.
Despois de participar en 1913 nunha exposición con oito traballos nos Estados Unidos, no Armory Show, volveu a Portugal, onde tivo a ousadía de realizar dúas exposicións no Porto e Lisboa. Nese ano participou tamén no Herbstsalon da Galería Der Sturm, en Berlín. En 1914 viaxou a Barcelona onde se atopou con Antoni Gaudí, partindo posteriormente cara Madrid onde foi sorprendido polo comezo da primeira guerra mundial. Regresou entón a Portugal, onde iniciou unha meteórica carreira na experimentación de novas formas de expresión, tendo pintado con gran constancia ata o punto de expor en 1916 na vila do Porto 114 obras co título "Abstraccionismo", que serían tamén expostas en Lisboa.
O cubismo en expansión por toda Europa foi unha das maiores influencias no seu cubismo analítico.
Amadeo de Souza-Cardoso explorou o expresionismo e nos seus derradeiros traballos experimentou novas formas e técnicas, como as colaxes e outras formas de expresión plástica.
O 25 de outubro de 1918, aos 31 anos de idade, morreu prematuramente en Espinho, vítima da gripe.
En 1925, Francia realizou unha retrospectiva do pintor, cunha mostra de 150 dos seus traballos. Dez anos despois, en Portugal, creouse un premio para distinguires aos pintores modernistas, que recibiu o nome de "Prémio Souza-Cardoso".
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Obras
[editar | editar a fonte]- Barcos
- Cabeça
- Canção Popular a Russa e o Fígaro
- Cozinha da Casa de Manhouce
- Entrada
- Les Cavaliers
- Menina dos Cravos
- Pintura
- Pintura (Brut 300 TSF)
- Procissão Corpus Christi
- Retrato de Francisco Cardoso
- Saut du Lapin
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Art Portugais - Peinture et Sculpture du Naturalisme à nos jours - Lisbonne 1967/Paris 1968 - Centre Culturel de la Fondation Calouste Gulbenkian. [1]
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museu Amadeo de Souza-Cardoso
- Centro de Arte Moderna José Azeredo Perdigão: Amadeo de Souza-Cardoso
- Pintores portugueses: Amadeo de Souza-Cardoso
- Seis Séculos de Pintura Portuguesa: Amadeo de Souza-Cardoso
- Amadeo de Souza-Cardoso
- Galería de Amadeo de Souza-Cardoso Arquivado 28 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.
- A neglected Modernist - Amadeo de Souza-Cardoso Arquivado 02 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.