Saltar ao contido

Amendoado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Amendoados»)
Amendoado

Amendoados de Melide.
Tipo Doce
Orixe Melide / Ribadavia / Allariz, Galicia Galicia
Ingredientes
Orixe animal Ovo
Orixe vexetal Azucre
Améndoa
Oblea

O amendoado é un doce característico das vilas medievais galegas como Melide (onde comparte protagonismo co rico e co melindre na festa do melindre e da repostaría tradicional de Melide),[1] Ribadavia ou Allariz.

Características

[editar | editar a fonte]

O froito da amendoeira non se cultiva no país. A tese máis popular é que sexa un produto introducido por arrieiros casteláns que intercambiaban mercadorías nas viaxes de ida e volta polos camiños. A améndoa ten unha maior presenza nas vilas medievais con mosteiros, como o franciscano de Melide, onde se trocaba o aceite, améndoa ou mel da Alcarria por bacallau, nun constante intercambio de produtos.[2]

Na súa elaboración o doceiro deixa primeiro que se arrefríe a améndoa torrada. Separa a clara da xema dos ovos e mestura. Prepara unha bandexa para forno con oblea cortada sobre ela para a base do doce e antes da cocción apolvilla con azucre a peza.

En Galicia

[editar | editar a fonte]
Amendoados de Allariz

Os amendoados de Allariz son unha sobremesa tradicional dentro da provincia de Ourense, típica do concello de Allariz. Son unha mestura de améndoa moída, azucre e clara de ovo. Cando está sólida a masa resultante colócase en anacos por riba dunhas obleas e lévase ao forno.

  1. Feira do Melindre e da Repostaría tradicional de Melide.
  2. Broz Rei, Xose Manuel; Coi Vazquez, Socorro (2017). A Repostaría de Melide. Asociación de Repostaría Tradicional Melide Terra Doce. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]