Saltar ao contido

Ana Leopoldovna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAna Leopoldovna

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) А́нна Леопо́льдовна/ А́нна Ка́рловна/ Елизавета Катарина Кристина, принцесса Мекленбург-Шверинская
(de) Anna Leopoldowna/ Elisabeth Katharina Christine Herzogin zu Mecklenburg-Schwerin Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Elisabeth Katharina Christine von Mecklenburg-Schwerin Editar o valor en Wikidata
18 de decembro de 1718 Editar o valor en Wikidata
Rostock Editar o valor en Wikidata
Morte19 de marzo de 1746 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Kholmogory, Rusia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetrastorno puerperal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAnnunciation Church of the Alexander Nevsky Lavra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rexente
20 de novembro de 1740 – 6 de decembro de 1741 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónraíña Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador de todas as Rusias
Duquesa Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Mecklenburg (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeAntónio Ulrich de Brunswick-Wolfenbüttel (1739–1746)
FillosIván VI de Rusia, Elizabeth Antonovna of Brunswick (en) Traducir, Alexei Antonovich of Brunswick (en) Traducir, Catherine Antonovna of Brunswick (en) Traducir, Peter Antonovich of Brunswick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos Leopoldo de Mecklenburg-Schwerin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Catarina Ivanovna da Rússia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Mecklenburg-Schwerin-29 Find a Grave: 132443924 Editar o valor en Wikidata
Retrato da Princesa Anna, nai do Emperador Ivan VI por Louis Caravaque.

Ana Leopoldovna (А́нна Леопо́льдовна), tamén coñecida como Anna Karlovna (А́нна Ка́рловна), nada en 1718 e finada o 18 de marzo 1746, foi rexente da Rusia por algúns meses (1740 - 1741) durante a infancia do seu fillo bebé Iván, era a filla de Catarina (irmá da Emperatriz Ana) e de Carlos Leopold, o duque de Mecklenburg-Schwerin.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1739 casou con Antonio Ulrich (1714 - 1776), fillo de Fernando Alberto, duque de Brunswick-Wolfenbüttel. A 5 de outubro de 1740 a emperatriz Ana adoptou como o seu fillo o recentemente nado Iván e proclamou herdeiro ao trono ruso. Algúns días logo desta proclamación a emperatriz faleceu (28 de outubro 1740), deixando instrucións acerca da sucesión, e designando o seu favorito Ernst Biron, duque de Courland, como rexente. Biron, con todo, fíxose nunha persoa detestada polo pobo ruso, e Ana Leopoldovna tivo pouca dificultade a destrona-lo (8 de novembro de 1740). Asumiu entón a rexencia, e tomou o título de Gran Duquesa, pero sabendo pouco do carácter da xente con quen ela tería que lidar, e aínda menos das convencións e da política de goberno ruso, acabando por levar rapidamente a querelas cos seus partidarios principais.

A decembro de 1741, a filla de Pedro o grande, que polos seus hábitos rusos era a favorita dos soldados, incitou os gardas a revoltárense e, logo de superar unha débil oposición, ascendeu ao trono como Emperatriz Isabel.

O réxime vitorioso, aprisionou de entrada a familia na fortaleza de Dünamünde preto de Riga, acabando posteriormente polos exiliar para Kholmogory, a norte do Río Dvina. Ana eventualmente morreu a 18 de marzo de 1746 durante o parto. O seu fillo Ivan VI foi asasinado en Shlisselburg a 16 de xullo de 1764, mentres o seu marido Antonio Ulrich faleceu en Kholmogory a 19 de marzo de 1776. Os seus demais catro fillos foron liberados da prisión en 1780 e foron vivir para a Xutlandia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]