Saltar ao contido

Anastasio II (emperador)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anastasio II, Emperador»)
Modelo:BiografíaAnastasio II

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VII Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 719 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedecapitación Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
xuño de 713 – novembro de 715
← FilípicoTeodosio III → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióngobernante Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeIrene Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 37514576 Editar o valor en Wikidata

Anastasios II Artemios (Αναστάσιος Β' Αρτέμιος), en galego Anastasio II Artemio ou Anastasio II (morto en 721), foi un emperador bizantino que gobernou o imperio uns poucos anos a principios do século VIII (713-715).[1][2]

O seu nome orixinal era Artemios e tomou o de Anastasio cando accedeu ao trono. Foi nomeado emperador polo Senado de Constantinopla e polo pobo en 713, despois de que unha revolta do thema (distrito militar) de Opsikion derrocará ao seu predecesor Filípico, ao que servira como secretario.

Naquel momento o imperio estaba seriamente ameazado polos sarracenos tanto por mar como por terra. Anastasio II foi un emperador activo e resolutivo que tomou numerosas medidas. Enviou un exército baixo o mando do futuro emperador León o Isáurico para defender Siria, adoptou medidas resolutivas e intelixentes para defender a súa capital; intentou reorganizar a disciplina do seu exército e equipou e enviou unha formidábel forza naval a Rodas para evitar a caída da illa en mans do inimigo.

As súas medidas disciplinarias fixeron que as resentidas tropas do thema de Opsikion se amotinasen de novo contra o emperador en 715 e proclamasen como novo emperador a Teodosio III, un escuro oficial fiscal de extracción humilde. Logo dun asedio que durou seis meses, Constantinopla foi tomada por Teodosio. Anastasio derrocado, fuxiu a Nicea, onde finalmente se rendeu en 716 e recoñeceu a Teodosio como novo emperador. Anastasio retirouse a un mosteiro en Salónica.

Anos despois, en 721, Anastasio volveu á vida pública encabezando unha revolta contra León III, o sucesor de Teodosio. Anastasio recibiu un considerábel apoio e puxo Constantinopla baixo asedio; pero o asedio fracasou e Anastasio, que caeu preso en mans de León foi finalmente executado.

  1. Ravegnani 2008, p. 183.
  2. "The Emperors of the Byzantine Empire". Hellenic Macedonia (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ravegnani, Giorgio (2008). Imperatori di Bisanzio (en italiano). Bologna: Il mulino. 
  • Strefling, Sérgio Ricardo (2002). Igreja e poder: plenitude do poder e soberania popular em Marsílio de Pádua (en portugués). EDIPUCRS. 
Imperio Bizantino

Segue a:
Filípico
Anastasio II (emperador)
Precede a:
Teodosio III
sen dinastía