Anatolii Marienhof
![]() | Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2018.) |
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1897 (Xuliano) ![]() Nizhnii Novgorod, Rusia ![]() |
Morte | 24 de xuño de 1962 ![]() San Petersburgo, Rusia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério Bogoslovskoe (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | guionista, escritor, prosista, dramaturgo, poeta, memorialista ![]() |
Período de actividade | 1916 ![]() ![]() |
Xénero artístico | Novela ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Anna Nikritina ![]() |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() Russian literature of the 20th century. Volume 2, 2005 (en) ![]() ![]() Literatori Sankt-Peterburga. XX vek >>>:Мариенгоф Анатолий Борисович, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Anatolii Borisovich Marienhof (en ruso: Анатолий Борисович Мариенгоф), nado o 6 de maio de 1897 e finado o 24 de abril de 1962, foi un poeta, novelista e dramaturgo ruso. Unha das figuras principais do Imaxinismo, recordado na actualidade polas súas memorias que describen a vida literaria rusa de 1920s e a súa amizade con Sergei Esenin.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anatolii Marienhof naceu nunha familia nobre en Nizhnii Novgorod. Tras a súa graduación no instituto en 1914 foi mobilizado e serviu durante a primeira guerra mundial na Fronte Oriental.
A carreira literaria de Marienhof empezou en 1918 cunha contribución nun almanaque publicado en Voronezh, nese ano tamén se trasladou a Moscova e coñeceu a Sergei Esenin e outros poetas moscovitas. Xuntos comezaron un novo movemento poético chamado Imaxinismo. Marienhof participou en todas as accións e publicacións imaxinistas, tamén publicou unha ducia de libros de poesía no período 1920-1928.
Marienhof gañou máis recoñecemento coa súa controvertida ficción: "A novela sen mentiras" (1927) e "Os cínicos" (1928). O primeiro noveliza a súa amizade con Sergei Esenin; o último é unha historia da vida dos intelectuais novos durante a revolución e o comunismo de guerra. Ámbolos dous recibiron duras críticas na prensa soviética.
Despois da publicación da súa última novela, "Homes afeitados", en 1930 en Berlín, Marienhof tan só escribiu para o teatro e máis tarde para a radio sen esperanza de publicar de novo.
Nos seus últimos anos, despois da morte de Stalin, Marienhof dedicouse a escribir as súas memorias que se publicaron décadas despois da súa morte.