Anseranátidos
Anseranátidos Anseranatidae Rango fósil: Eoceno - Actualidade (34 - 0 Ma) | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anseranas semipalmata | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Anseranas semipalmata (Latham, 1798) |
Anseranas semipalmata é unha especie de ave anseriforme, a única incluída hoxe na familia dos anseranátidos e no seu único xénero, Anseranas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Familia
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 1880 polo avogado e zoólogo británico especializado en ornitoloxía Philip Sclater.[2]
Xénero
[editar | editar a fonte]O xénero decribírao en 1828 o cirurxián, botánico, ornitólogo e naturalista francés René Primevère Lesson.[3]
Ademais deste único xénero actualmente vivente, rexisatráronse tamén dous xéneros fósiles:[3]
- † Anatalavis Olson & Parris, 1987
- † Anserpica Mourer-Chauviré, Berthet & Hugueney, 2004
Especie
[editar | editar a fonte]A especie fora descrita en 1798 polo médico e naturalista especializado en ornitoloxía inglés John Latham.[3]
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]O nome científico Anseranatidae está formado, segundo a norma, pola adición raíz do xenitivo do seu xénero tipo, Anseranas (Anaseranat-) o sufixo do latín científico -idae, propio dos nomes das familias de animais.[4]
En canto Anseranas está formado pola unión dos xéneros Anser e Anas, indicando que son aves de aparencia intermedia entre os gansos e os patos.[4]
O epíteto específico, semipalmatus, indica que a membrana interdixital que une os tres dedos dianteiros dos pés é moi reducida, unha excepción entre os anátidos.
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]Esta familia situouse na orde dos anseriformes, tendo en conta a estrutura característica do bico, pero considérase distinta das outras familias deste taxon. As familias relacionadas e existentes, anímidos e anátidos, conteñen todos os demais taxons.[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Xénero
[editar | editar a fonte]Ademais de polo seu nome actualmente vádido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]
- Anseranus G. R. Gray, 1840
- Chenogeranus T. Brown, 1842
- Choristopus Eyton, 1838
Especie
[editar | editar a fonte]A especie tamén foi coñecida como:[3]
- Anas melanoleuca Latham, 1801
- Anas semipalmata Latham, 1798 (protónimo)
- Anseranas semipalmatus
- Anseranas semipalmata hamiltoni Mathews, 1912
- Chenogeranus australis T. Brown, 1842
Distribución
[editar | editar a fonte]Anseranas semipalmata é un endemismo do norte de Australia e do sur de Papúa Nova Guinea.[6]. É especialmente abundante no Parque Nacional de Kakadu, no Territorio Norte de Australia. Como a especie é propensa a vagar, especialmente cando non se reproduce, ás veces rexístrase fóra do seu lugar habitual.[6]
Noutros tempos
[editar | editar a fonte]A especie tamén estivo moi estendida no sur de Australia, pero desapareceu de alí en gran parte debido á drenaxe das zonas húmidas onde antes criaban estas aves. Debido á súa importancia para os aborixes como fonte de alimento,[7] e posteriormente como suxeitos de caza deportiva,[8] e como atracción turística, a súa presenza estábel no norte de Australia foi garantida garzas a que alí foi protexida.[9]
Características
[editar | editar a fonte]Son aves inconfundíbeis coa súa plumaxe branca e negra e o co bico e as súas patas amareladas. Os pés só están parcialmente palmados. Os machos son máis grandes que as femias. A diferenza dos verdadeiros gansos, a súa muda é gradual, polo que non se producen períodos sen voar.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Nutrición
[editar | editar a fonte]Aliméntase de materia vexetal, tanto na auga como en terra.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Aniñan nas árbores.
Estado de conservación
[editar | editar a fonte]A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande moi grande e que, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia da poboación parece ser flutuante e o seu tamaño é moi grande, polo que non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación, cualifica o seu status LC (pouco preocupante).[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Anseranas semipalmata] na Lsta vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 19 de outubro e 2022.
- ↑ "Anseranatidae Sclater, 1880". www.biolib.cz. Consultado o 2022-12-16.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Anseranas Lesson, 1828 na BioLib. Consultada o 19 de outubro e 2022.
- ↑ 4,0 4,1 Gill, F. & Wright, M. (2006): Birds of the World: Recommended English Names. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. ISBN 978-0-6911-2827-6.
- ↑ Myers, P.; Espinosa, R.; Parr, C. S.; Jones, T.; Hammond, G. S. & Dewey, T. A. (2008): "Family Anseranatidae" na Animal Diversity Web.
- ↑ 6,0 6,1 del Hoyo et al. 1992, pp. 574–575.
- ↑ Whitehead, P. J., M. Storrs, M. McKaige, R. Kennett & M. Douglas (2000): Wise use of wetlands in northern Australia: indigenous use. Centre for Tropical Wetlands Management and Centre for Indigenous Natural and Cultural Resource Management. Darwin: Northern Territory University.
- ↑ Whitehead, P. J.; Bayliss, P.; Fox, R. E. (1988): "Recreational Waterfowl Hunting Activity and Harvests in Northern-Territory, Australia". Wildlife Research 15 (6): 625
- ↑ Traill, Lochran William (2009): "Conservation of north Australian magpie geese Anseranas semipalmata populations under global change" PDF, p. 13.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anseranátidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Anseranátidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep, Andrew Elliott, Jordi Sargatal, eds. (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions ISBN 978-84-8733-410-8.