Anzapahhadu
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIV a. C. |
Morte | século XIV a. C. |
Actividade | |
Ocupación | rei |
Anzapahhadu foi rei de Arzawa na segunda metade do século –XIV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O rei hitita Tudhaliyas III (reinou sobre -1360 – -1344) conquistou Sallapa, que pertencía a Arzawa, e conquistou a "terra baixa" e despois reocupou Tawanuwa. Neste momento parece ser que era rei Anzapahhadu que derrotou a un exército hitita dirixido por Himuili, pero foi aniquilado por outro exército dirixido polo rei Suppiluliumas I (reinou sobre -1344 – -1322).
Suppiluliumas enviou ao gobernador Hanuttis a reconquistar Hapalla, cousa que logrou. Mursilis, fillo de Suppiluliumas, di que Tudhaliyas III e Suppiluliumas precisaron vinte anos para conquistaren Arzawa, o que quere dicir que para o -1330 ou pouco despois o reino de Arzawa quedou sometido.
Predecesor: Tarhunta-Radu |
Rei de Arzawa |
Sucesor: Uhha-Ziti |