Apiaceae
Apiaceae | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apium graveolens | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Xéneros | |||||||||
Ver texto |
Apiaceae é unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Apiales. Anteriormente coñecida como Umbelliferae (ambos os nomes son autorizados polo ICBN) e vernaculizado para umbelífera, esta é unha familia composta por plantas normalmente aromáticas e de talo oco. Inclúe especies como a cenoria e outros parentes. Posúe preto de 300 xéneros, contendo máis de 3 000 especies.
Características
[editar | editar a fonte]As flores son pequenas e posúen simetría radial con 5 sépalos, 5 pétalos e 5 estames. Están dispostas nunha inflorescencia en forma de umbela, de aí o seu anterior nome de Umbelliferae. Varias especies posúen inflorescencias onde as flores presentan dimorfismo, posuindo as máis externas pétalos máis vistosas destinadas á atracción dos insectos, en canto as máis internas son máis discretas, concentrándose na reprodución.
A familia contén algunhas especies altamente tóxicas, como o Conium, tamén coñecido como cicuta (o veleno e non o xénero moi semellante co Conium, e tamén altamente velenoso Cicuta). Esta planta foi utilizada para executar a Sócrates e tamén actúa como veleno na punta de frechas. Contén tamén algunhas plantas moi útiles, tales como a cenoria, o pirixel, o apio e o fiúncho
As Apiaceae son parentes próximas da familia Araliaceae. Algúns sistemas de clasificación recentes colocan as Araliaceae nunha familia Apiaceae expandida, mais esta clasificación non foi recoñecida. Os xéneros Hydrocotyle e Trachymene, tradicionalmente incluídos nas Apiaceae, están actualmente inseridos, dun xeito xeral, na familia Araliaceae.
Entre os membros mais notables inclúense: Anethum graveolens - endro; Anthriscus cerefolium - cerefolio; Apium graveolens - apio; Conium maculatum - cicuta; Coriandrum sativum - coandro; Cuminum cyminum - comiño; Daucus carota - cenoria; Foeniculum vulgare - fiúncho; Pastinaca sativa - charouvía; Petroselinum crispum - pirixel; Pimpinella anisum - anís
Lista completa dos xéneros da Familia
[editar | editar a fonte]A
[editar | editar a fonte]B
[editar | editar a fonte]C
[editar | editar a fonte]D
[editar | editar a fonte]E
[editar | editar a fonte]F
[editar | editar a fonte]G
[editar | editar a fonte]H
[editar | editar a fonte]I
[editar | editar a fonte]J
[editar | editar a fonte]K
[editar | editar a fonte]L
[editar | editar a fonte]M
[editar | editar a fonte]N
[editar | editar a fonte]O
[editar | editar a fonte]P
[editar | editar a fonte]R
[editar | editar a fonte]S
[editar | editar a fonte]T
[editar | editar a fonte]U
[editar | editar a fonte]V
[editar | editar a fonte]X
[editar | editar a fonte]Y
[editar | editar a fonte]Z
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apiaceae |
Artigos relacionados
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apiaceae |