Saltar ao contido

Salticidae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Araña saltadora»)
Salticidae

Araña saltadora
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Araneae
Suborde: Araneomorphae
Familia: Salticidae
Diversidade
Aproximadamente 600 xéneros e máis de 6000 especies
Especie tipo
Salticus scenicus
Linnaeus, 1757
Distribución, en case todo o mundo
Distribución, en case todo o mundo

Distribución, en case todo o mundo

As arañas Salticidae son a familia máis numerosa de arañas, con máis de 500 xéneros e preto de 5.000 especies (ao redor do 13% das especies coñecidas de arañas), cunha distribución case mundial. Son coñecidas popularmente como arañas de parede ou arañas saltadoras.[1] Estas arañas non fabrican arañeiras para cazar, senón que axexan e saltan rapidamente sobre as súas presas. Despois da caza, atrapan as presas nunha tea específica e moi resistente. Tamén poden saltar para moverse ou para escapar dos depredadores. Teñen unha tea máis resistente e son o tipo de araña máis rápida e áxil do reino arácnido. Tendo unha resistencia moito mellor que a doutros arácnidos, é un tipo de araña moi resistente. As saltadoras teñen un veleno máis poderoso que outras (segundo a especie).

Face dun macho de saltadora da especie Phidippus audax.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Anatomía

[editar | editar a fonte]

As arañas saltadoras teñen os ollos máis desenvolvidos e complexos de todos os artrópodos. Tamén son as únicas arañas que poden ver bandas de cores. A maioría das arañas xeralmente non poden ver máis aló dunha distancia duns poucos centímetros. Usando centos de pelos ao final de cada pata, que teñen pequenas puntas nos seus extremos, que dan fricción á araña saltadora desde todo tipo de ángulos.

Araña saltadora atrapando un sírfido.

Veleno e alimentación

[editar | editar a fonte]

Aínda que o seu veleno é letal para as súas presas, nos humanos considérase de pouco dano e só pode causar irritación na pel e reaccións alérxicas nalgunhas persoas. Coñécense moi poucos casos mortais da picadura destas arañas (as Salticidae só morden humanos ao se veren presionadas).

Alimentación

[editar | editar a fonte]

Aínda que as saltadoras son xeralmente carnívoras que se nutren basicamente de pequenos insectos e outras arañas, sábese que moitas especies tamén se alimentan de néctar[2] e, unha especie, a Bagheera kiplingi, aliméntase principalmente de materia vexetal.[3] Plantas como Chamaecrista fasciculata proporcionan néctar ás arañas saltadoras e, a cambio, tamén se benefician de que as arañas cacen as pragas que atopen. Non se coñecen especies de saltadoras que se nutran de sementes ou froitas.

A femia da especie do sueste asiático, Toxeus magnus, alimenta ás súas crías durante os seus primeiros 40 días de vida cun líquido nutritivo parecido ao leite. As crías femininas tamén poden consumir parte deste líquido despois de alcanzar a madurez sexual.[4]

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O período de reprodución das Salticidae ten lugar do outono até a primavera. A femia constrúe un saco incubatorio coa súa seda nun lugar escondido (escuro e estreito) e deposita no seu interior de 25 a 40 ovos. O período de incubación dos ovos dura unhas 3 semanas e unha vez eclosionados, as crías son completamente independentes.

Utilidade para os humanos

[editar | editar a fonte]

Alén dos beneficios da biodiversidade para o planeta,[5] as arañas da familia das Salticidae, xa que se alimentan de insectos non desexados (mosquitos e moscas, por exemplo), e mesmo de arañas potencialmente daniñas para os humanos (loxosceles e viúvas negras, por exemplo), axudan a controlar estes animais nas casas.

  1. "Saltícidos. Arañas saltadoras. A vida nos ríos galegos. Arácnidos.". www.rios-galegos.com. Consultado o 2025-01-18. 
  2. Jackson, Robert R.; Pollard, Simon D.; Nelson, Ximena J.; Edwards, G. B.; Barrion, Alberto T. (2001). "Jumping spiders (Araneae: Salticidae) that feed on nectar". Journal of Zoology (en inglés) 255 (1): 25–29. ISSN 1469-7998. doi:10.1017/S095283690100108X. 
  3. "Vegetarian spider". www.sciencenews.org; Science News - Biology. Consultado o 2025-01-18. 
  4. As arañas saltadoras son os únicos arácnidos coñecidos que proporcionan "leite" ás súas crías Smithsonian.mag
  5. Nations, United. "Biodiversity - our strongest natural defense against climate change". United Nations (en inglés). Consultado o 2025-01-18. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]