Saltar ao contido

Fernando Buesa Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Araba Arena»)
Fernando Buesa Arena
Datos
Coordenadas42°51′52″N 2°38′28″O / 42.864436, -2.641172
LocalizaciónEspaña Vitoria, España
Outros nomesPabellón Araba (1991−2000)
Construción
Inauguración1991
Ampliación2012
Estadio
Capacidade15 716 espectadores
PropietarioDeputación Foral de Álava
LocalíaSaski Baskonia (ACB)
Webhttp://www.buesa-arena.com/
Eventos
Final da Copa Saporta (1996)
Final da ULEB Eurocup (2010)
Final Four da Euroliga (2019)
editar datos en Wikidata ]

O Fernando Buesa Arena é un pavillón polideportivo situado en Vitoria, País Vasco, utilizado polo club de baloncesto profesional Saski Baskonia para xogar os seus partidos de competición oficial. Ten unha capacidade de 15.504 espectadores, e é utilizado frecuentemente para albergar citas deportivas nacionais e internacionais de diferentes disciplinas, así como para outros eventos como grandes exhibicións, concertos ou festivais. É un dos pavillóns multiúsos máis grandes de España.

Historia e eventos

[editar | editar a fonte]

Orixinalmente deseñado (con bastante atraso) como un mercado de gando a mediados dos anos setenta nunha cidade que xa abandonara os seus vínculos coa agricultura, converteuse pronto nun estadio deportivo, que se inaugurou en 1991, para substituír o Pavillón de Mendizorroza. O estadio foi sede da Final da Copa de Europa de 1996[1], na que o local Saski Baskonia gañou o título, e tamén acolleu a final da ULEB Eurocup de 2010, na que o Power Electronics Valencia venceu ao ALBA Berlin.

Chamado até o ano 2000 Araba Arena, o seu nome rende homenaxe ao parlamentario socialista Fernando Buesa Branco, asasinado por ETA no ano 2000 en pleno corazón universitario da cidade.

Remodelación

[editar | editar a fonte]

En marzo do ano 2011 comezaron as obras de ampliación para aumentar a capacidade do recinto ata as 15.504 localidades de asento. Os traballos duraron case un ano, sendo o pavillón reinaugurado o 5 de febreiro de 2012. O 9 de abril de 2012, con motivo do encontro da liga ACB que enfrontaba ó Caja Laboral Baskonia co MMT Real Madrid, o pavillón encheuse, acadando un novo récord de asistencia en partidos da liga española de baloncesto.[2]

  1. "Eurocup 96". Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2004. Consultado o 07 de febreiro de 2004. 
  2. ¡15.504 espectadores! El Buesa Arena establece un nuevo récord de asistencia Arquivado 13 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]