Búfalo acuático salvaxe
O búfalo acuático salvaxe ou arni, Bubalus arnee (Robert Kerr, 1792), é un gran bovino propio do sueste asiático.
O bufalo aucático salvaxe é o antecesor do doméstico, ou búfalo de río, do subcontinente indio (Bubalus bubalis bubalis) e tamén do carabao ou búfalo de pantano (Bubalus bubalis carabanesis), de Filipinas, e o segundo maior bóvido salvaxe, só tras o gaur.
A especie considérase en perigo, segundo a Lista Vermella da UINC, desde 1986, ao ter, daquela, unha poboación de 4.000 individuos, con menos de 2.500 individuos maduros.[1]
A súa poboación estimada (en 2010) era de 3.400 individuos, dos cales 3.100 (o 91 %) vivían na India, principalmente en Assam.[2]
É de maior tamaño e máis pesado do que o doméstico. Pode chegar aos 1.200 kg, cunha lonxitude de 240 a 300 cm, máis de 60 a 100 cm de cola, e unha altura na cruz de 150 a 190 cm. Ambos os sexos teñen cornos largos na base, diverxentes, e cunha envergadura entre as puntas de até os 2 m. A coloración vai da gris cinza á negra. O pelo é moderadamente longo, cunha guedella na fronte.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ IUCN 2008. Hedges, S., Sagar Baral, H., Timmins, R.J., Duckworth, J.W. Bubalus arnee
- ↑ Choudhury, A. (2010): The vanishing herds: the wild water buffalo. Gibbon Books, Rhino Foundation, CEPF & COA, Taiwan, Guwahati, India.
- ↑ Nowak, R. M. (1999): Walker's Mammals of the World. Volume 1. The Johns Hopkins University Press, Baltimore, USA and London, UK.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wilson & Reeder's (2005: Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Johns Hopkins University Press (en inglés) Consultada o 15/5/2012.
- Wild Cattle Conservation Project
- Animal Info: Wild water buffalo
- Wildlife Trust of India February 2006: Wild buffalo faces extinction
- The Hindu February 2006: Project to conserve wild Asian buffaloArquivado 03 de marzo de 2006 en Wayback Machine.