Saltar ao contido

Arnold Joseph Toynbee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Arnold J. Toynbee»)
Modelo:BiografíaArnold Joseph Toynbee

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 1975 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
York, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAnglicanismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónWinchester College
Balliol College, Oxford (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofia da história (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónhistoriador, diplomático, profesor universitario, filósofo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLondon School of Economics
King's College de Londres Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeVeronica Boulter Toynbee
Rosalind Murray Editar o valor en Wikidata
FillosAntony Harry Robert Toynbee
 () Rosalind Murray
Philip Toynbee
 () Rosalind Murray
Lawrence Toynbee
 () Rosalind Murray Editar o valor en Wikidata
PaisHarry Valpy Toynbee Editar o valor en Wikidata  e Sarah Edith Marshall Editar o valor en Wikidata
IrmánsJocelyn Toynbee Editar o valor en Wikidata
ParentesArnold Toynbee, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1719832 Discogs: 3272810 WikiTree: Toynbee-15 Find a Grave: 28175997 Editar o valor en Wikidata

Arnold Joseph Toynbee, nado en Londres, Reino Unido, o 14 de abril de 1889 e finado o 22 de outubro de 1975, foi un historiador e profesor británico que intentou sintetizar a historia universal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Sobriño do historiador da economía, Arnold Toynbee, con quen o confunden a miúdo, Arnold J. Toynbee naceu en Londres, estudou na Universidade de Oxford. En 1912 empezou o seu traballo de profesor no mesmo centro, onde pasou ao King's College (ensinando grego moderno e historia do imperio bizantino) e a London School of Economics, os dous na Universidade de Londres. Durante a primeira guerra mundial e tamén durante a segunda guerra mundial traballou para os servizos de intelixencia do Foreign Office británico e, ao final da guerra, asistiu como delegado á Conferencia de Paz de París de 1919.

A súa irmá, Jocelyn Toynbee (1897-1985) foi tamén unha recoñecida historiadora, arqueóloga e numismática.[1]

A súa obra principal “Un estudo da historia” (título orixinal: A Study of History), en doce volumes aparecidos entre 1934 e 1961, é unha análise da historia mundial e as civilizacións nas que Toynbee aprecia uns ciclos de auxe e decadencia, aínda que sen o determinismo apuntado por Oswald Spengler.

As súas teorías han ter moito eco e influencia, algúns críticos, porén, cren que Toynbee dá demasiada influencia á relixión na evolución das civilizacións.

  1. "Toynbee, J. M. C. Arquivado 08 de xuño de 2019 en Wayback Machine.". Dictionary of Art Historians.