Arte posmoderna
Suxeriuse que "Posmodernismo" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
O posmodernismo[1] en sentido artístico abrangue un gran número de correntes dende os anos 1950 ata a actualidade; é difícil precisar en xeral os límites entre as realizacións máis arriscadas do modernismo e as primeiras obras posmodernas, inda que algunhas artes; entre as que destaca a arquitectura; gozaron dun movemento posmoderno programático e organizado dende moi cedo. Os trazos máis notables da arte posmoderna son a valoración das formas industriais e populares, o debilitamento das barreiras entre xéneros e o uso deliberado e insistente da intertextualidade, expresada frecuentemente mediante a colaxe'.
Arquitectura posmoderna
[editar | editar a fonte]Probablemente o primeiro desenvolvemento artístico deliberadamente posmoderno tivo lugar na arquitectura[Cómpre referencia]. Os arquitectos vangardistas da primeira metade do século XX; a Bauhaus de Ludwig Mies van der Rohe e Walter Gropius, e os seus sucesores do chamado movemento internacional, Frank Lloyd Wright, Alvar Aalto ou Le Corbusier; buscaran deliberadamente rachar coas súas obras a estrutura do tecido urbano en que se inserían, preferindo salientar a funcionalidade, sinxeleza e pureza de liñas do edificio. O compromiso coa renovación das formas de vida na evolución da sociedade levaba ós modernistas a intervir radicalmente no mesmo concepto da vivenda, famosamente definida por Le Corbusier como "máquina para vivir", buscando o potencial emancipatorio da arquitectura na innovación. O posmodernismo arquitectónico dos anos 50 e 60 resentiuse destas intervencións; algunhas das cales tiveran resultados desastrosos; e intentou temperar os trazos de practicidade e as melloras estruturais e de materiais do modernismo co retorno a formas máis convencionais e familiares. O estilo resultante; unha colaxe de distintas tradicións, pero sobre todo un compromiso cos gustos populares e co establecido que resultase inaceptable para os rigorosos modernistas; foi vigorosamente defendido contra a estratexia modernista, e produciu obras de moito fuste, sobre todo nos Estados Unidos de América.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para post-.