Saltar ao contido

Seita dos Asasinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Asasinos»)
Pintura do século XIV sobre o asasinato de Nizam al-Mulk por un asasino.

A Seita dos Asasinos (en árabe: حشاشين Hashashin; de Assassiyun: “aqueles fieis á fundación") é o nome empregado para referirse ós nizarís medievais. A miúdo descritos como unha orde secreta liderada polo misterioso “Home Vello da Montaña”, os nizarís foron unha seita islámica xurdida no século XI a partir dunha división dentro do ismailismo – á súa vez unha póla do xiísmo.

Os nizarís supuxeron unha ameaza militar ó Imperio Selxúcida sunní nos seus territorios mediante a captura e a ocupación de moitas fortalezas de montaña ó longo de Persia, e posteriormente Siria, baixo o liderado de Hassan-i Sabbah. Sabbah está considerado como o fundador dos Asasinos, creando o “Estado Nizarí” co Castelo de Alamut como a súa sede. A guerra asimétrica, a guerra psicolóxica e os golpes tácticos eran prácticas habituais entre os hashashin, que preferían chamar ós seus opoñentes á submisión antes que matalos.[1] Na era moderna, a lenda dos asasinos continúa a motivar a insurxencia e as células terroristas a través de Asia Occidental, buscando replicar os métodos e tácticas desenvolvidas polos asasinos.[2]

Malia que o termo "Asasinos" refírese polo xeral a toda a seita medieval nizarí, de feito só unha clase de acólitos coñecidos como fida'i realmente se involucraron no traballo de asasinato. Faltos do seu propio exército, os nizarís confiaron neses guerreiros as misións de espionaxe e asasinato de obxectivos inimigos chave, e durante máis de 300 anos asasinaron con éxito dous califas, numerosos visires, sultáns e líderes das Cruzadas.[3]

Baixo o liderado do imán Rukn-ud-Din Khurshah, o Estado Nizarí esmoreceu internamente, e foi destruído cando o imán rendeu os castelos ós invasores mongois. As fontes históricas e de pensamento islaimistas deste período desapareceron e a maioría das que aínda se conservan foron escritas polos seus detractores. Moito tempo despois da súa case erradicación, as mencións ós Asasinos foron preservadas en fontes europeas, como os escritos de Marco Polo onde son descritos como asasinos adestrados responsables da eliminación sistemática de figuras rivais.

Os nizarís foron temidos polos cruzados, que se referían a eles colectivamente como “Asasinos”.

  1. Lane-Poole, Stanley (1906). G. P. Putnam's Sons, ed. Saladin and the Fall of the Kingdom of Jerusalem. Heroes of the Nations. Londres. 
  2. https://theintercept.com/drone-papers/the-assassination-complex/
  3. Acosta, Benjamin (2012). "Assasins". En Andrea L. Stanton. Cultural Sociology of the Middle East, Asia, and Africa: An Encyclopedia. p. 21. Consultado o 13 de outubro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]