Saltar ao contido

César Cisneros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Augusto Cisnero Luces»)
Modelo:BiografíaCésar Cisneros

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de setembro de 1849 Editar o valor en Wikidata
Muros, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de xaneiro de 1897 Editar o valor en Wikidata (47 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista Editar o valor en Wikidata

BUSC: cisneros-luces-cesar-1849-1879

César Augusto Cisneros Luces, nado en Muros o 22 de setembro de 1849 e finado en Buenos Aires o 4 de xaneiro de 1897, foi un xornalista e escritor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
El Gallego. Todo por España y para Galicia; a. I.; n. 5.

Con trece anos de idade emigrou á Habana, onde comezou traballando de dependente nun comercio. Pronto comezou a publicar novas no Diario de la Marina da Habana, incorporándose á súa redacción cando comezou a adicarse por completo ao xornalismo. Logo trasladouse a Saguas onde dirixiu La Voz de Sagua. En 1868 regresou a Galiza enfermo e conseguiu a praza de profesor de Instrución Xeral da Escola Naval Flotante de Ferrol. En 1873 embarcou para Montevideo, fundou en La Unión unha escola de ensino primario e ingresou como levador de libros na oficina do Ferrocarril central do Uruguai. En Montevideo fundou o xornal La Carta Blanca, no que atacaba ao ditador Lorenzo Latorre, o que o levou a ter que fuxir a Buenos Aires en 1877. En 1879 fundou o primeiro Centro Gallego de América en Buenos Aires, colaborou en El Correo Español e creou o primeiro xornal galego de América: El Gallego. Posteriormente, trasladouse de novo a Montevideo, onde colaborou en El Pampero, La Unión Gallega, Montevideo Noticioso e El Gallego.

Ademais da súa actividade xornalística, César Cisneros escribiu o libro La insurrección de Ferrol, no que narra os acontecementos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou ao cárcere. Tamén cultivou a poesía, "Na Ausencia" é un dos seus poemas máis coñecidos.

  1. "Cisneros Luces, César Augusto". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. pp. 258–259. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]