Saltar ao contido

Badr A

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Badr 1»)
Badr A
TipoComunicacións / experimental
OrganizaciónSUPARCO[1]
Data de lanzamento16 de xullo de 1990[2][3][4][5]
Foguete portadorLonga Marcha 2E[1][3]
Sitio de lanzamentoCentro espacial de Xichang[3]
Obxectivo da misiónEstudo de novas tecnoloxías relacionadas coas comunicacións.[1][3]
Decaemento8 de decembro de 1990[2]
NSSDC ID1990-059A
Masa52 kg[1][3][6]
DimensiónsPoliedro de 483 mm de diámetro[3]

Badr A, tamén coñecido como Badr 1, foi o primeiro satélite artificial de Paquistán. Foi lanzado o 16 de xullo de 1990 mediante un foguete chinés Longa Marcha 2E desde o Centro espacial de Xichang.[1][2][3][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Badr A foi o primeiro satélite artificial pertencente a Paquistán, aínda que lanzado mediante un foguete chinés. Foi inxectado nunha órbita inicial de 201 km de perixeo e 984 km de apoxeo, cunha inclinación orbital de 28 graos.[1][6]

A finalidade orixinal do satélite era probar un experimento sobre comunicacións dixitais no espazo usando as bandas correspondentes ás franxas entre 144 e 146 MHz e 435 e 436 MHz. Tiña forma poliédrica, con 26 caras e 483 mm de diámetro.[1][3]

Os sinais do satélite deixaron de recibirse 35 días despois da posta en órbita polo que se pensa que foi un fallo eléctrico e reentrou na atmosfera o 8 de decembro de 1990.[1][2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Badr A" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "BADR 1" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2012. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 NASA (20 de abril de 2012). "BADR-A" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2012. 
  4. "Note verbale dated 16 October 2017 from the Permanent Mission of Pakistan to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". 16 de outubro de 2017. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  5. Claude Lafleur (2010). "BARD / Badr-A" (en inglés). Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mark Wade (2011). "Badr" (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]