Rafael Balsa
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1859 ![]() Padrón, España ![]() |
Morte | 2 de xuño de 1913 ![]() Madrid, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor , crítico de arte , escritor , autor ![]() |
Período de actividade | 1877 ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Rafael Balsa de la Vega (adoitaba asinar R. Balsa de la Vega), nado en Padrón en 1859 e finado en Madrid o 2 de xuño de 1913, foi un pintor, crítico de arte, e tradutor galego.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/30/Artistas_y_cr%C3%ADticos_espa%C3%B1oles%2C_1891%2C_Barcelona.pdf/page1-220px-Artistas_y_cr%C3%ADticos_espa%C3%B1oles%2C_1891%2C_Barcelona.pdf.jpg)
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Pintou acuarelas e óleos, retratos de persoeiros como Juan Rodríguez del Padrón[1] ou Emilia Pardo Bazán e outros títulos como En una aldea de Galicia (100x60cm), presentado á Exposición Nacional de Belas Artes de 1884,[2] Un rato de conversación (16x23) ou Devotos de Santa María de los Arcos (16x26), ámbolos dous incluídos na Exposición Nacional de Belas Artes de 1887.[3] Viaxou por Europa e América. Xa como crítico, colaborou en La Ilustración Española y Americana, Blanco y Negro, La Ilustración Artística, Galicia. Revista Regional[4] e o Boletín de la Real Academia Gallega[5].
Pertenceu á redacción de El Liberal. Participou no deseño do Pazo de Meirás.[6] Asistiu aos faladoiros cotiás da Cova Céltica[7] e foi membro correspondente da Real Academia Galega.[8]
Cando morreu estaba a traballar, por encarga do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes, na confección dun catálogo artístico e monumental das provincias galegas.[9]
Obra bibliográfica[editar | editar a fonte]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fe/Los_buc%C3%B3licos%2C_la_pintura_de_costumbres_rurales_en_Espa%C3%B1a%2C_1892%2C_Barcelona.pdf/page1-220px-Los_buc%C3%B3licos%2C_la_pintura_de_costumbres_rurales_en_Espa%C3%B1a%2C_1892%2C_Barcelona.pdf.jpg)
- Artistas y críticos españoles, 1891, Barcelona.
- Los bucólicos, la pintura de costumbres rurales en España, 1892, Barcelona
- Eugenio Lucas, 1911, Madrid.
- Orfebrería gallega. Notas para su historia, 1912, Hauser y Menet, Madrid.
Traducións[editar | editar a fonte]
Traduciu ao castelá varias obras, a maioría delas de Emilio Salgari:
- Sandokan, los tigres de Mompracen, de Salgari.
- La mujer del pirata, segunda parte de Sandokan, de Salgari.
- El corsario negro, de Salgari.
- La venganza de Sandokan, de Salgari.
- Los náufragos del Liguria, de Salgari.
- Devastaciones de los piratas, de Salgari.
- Noruega literaria, de Jacques de Coussange
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
Unha rúa do centro de Padrón leva o seu nome.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O cadro está no Pazo do Concello de Padrón.[1] Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ "Los artistas gallegos". El Eco de Galicia (118). 28/09/1884. pp. 1–2.
- ↑ Catálogo (pezas n.º 75 e 76) p. 29.
- ↑ Artigos de R. Balsa de la Vega Arquivado 13 de xuño de 2018 en Wayback Machine. (en castelán) en Galicia. Revista Regional.
- ↑ Artigos de R. Balsa de la Vega Arquivado 03 de xuño de 2020 en Wayback Machine. no Boletín de la RAG (en castelán).
- ↑ Decreto 299/2008, polo que se declaran ben de interese cultural, coa categoría de sitio histórico, as Torres de Meirás DOG.
- ↑ Tettamancy, Francisco (1917). Víctor Said Armesto. A Cruña [sic]: Imprenta Obreira. p. 13.
- ↑ "Membros da Academia. Correspondentes". Real Academia Galega.
- ↑ Couceiro Freijomil 1951.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Bibliófilos Gallegos. p. 113.
- "Balsa de la Vega, Rafael". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 76. ISBN 84-7680-429-6.
- "Balsa de la Vega, Rafael". Enciclopedia Galega Universal 3. Ir Indo. 1999-2002. p. 37. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rafael Balsa ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- "Pintor, crítico e historiador del arte y traductor de «Sandokan»". La Voz de Galicia. 5/12/2013.
- Listaxe de bibliografía sobre Rafael Balsa en pintoresgallegos.com
- Pintores de Galicia do século XIX
- Nados en Padrón
- Finados en 1913
- Tradutores ao castelán
- Tradutores do italiano
- Críticos da arte
- Pintores de Galicia coa obra no dominio público
- Nados en 1859
- Tradutores de Galicia
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Escritores de Galicia en lingua castelá
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Arqueólogos de Galicia