Bandeira do estado de Xeorxia
Bandeira de Xeorxia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 8 de maio de 2003 |
Cores | Tres franxas consistentes en vermello, branco, vermello, co escudo do estado sobre un campo azul na esquina superior esquerda. |
A actual bandeira do estado de Xeorxia foi aprobada o 8 de maio de 2003. A bandeira ten dúas barras vermellas e unha branca, co escudo do estado (adoptado do selo estatal) sobre un campo azul na esquina superior esquerda. No escudo, o arco simboliza a constitución do estado e os piares representan as tres ramas do poder público: lexislativa, executiva e xudicial. As palabras do lema do estado "Sabedoría, Xustiza, Moderación", envólvense arredor dos piares, vixiado por unha figura masculina co traxe colonial como un soldado da Revolución Americana, cunha espada brandida que representa a defensa da Constitución. Outro lema, "In God We Trust", aparece baixo estes elementos, aínda que non forma parte do selo do estado nin do escudo. A bandeira ten trece estrelas, que representan a Xeorxia e aos outros 12 estados orixinais dos Estados Unidos de América.
Bandeiras históricas
[editar | editar a fonte]Bandeiras históricas de Xeorxia | |
---|---|
Anterior a 1879 (non oficial) |
1879 - 1902 |
1902 – 1906 |
1906 – 1920 |
1920 - 1956 |
1956 - 2001 |
2001 - 2003 |
2003 - Actualmente |