Morcego das fragas
Morcego das fragas | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Case ameazada | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Barbastella barbastellus Schreber, (1774) | |||||||||||||||||||||
Distribución de Barbastella barbastellus.
| |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
O morcego das fragas[1] (Barbastella barbastellus) é unha especie de morcego microquiróptero da familia Vespertilionidae.
Descrición
[editar | editar a fonte]É de tamaño medio, destacan as súas orellas grandes de forma cuadrangular, unidas na fronte no seu bordo interno. O pelame é bastante escuro, entre negruzco e pardo. A femia é lixeiramente maior có macho: de 35 a 42,5 mm de tamaño e un peso entre 5,6 e 13,7 g. Este morcego emite dous tipos de sinais ultrasónicas CF-FM, curtas e moi características, con máximos de intensidade en torno 32-37 e 41-43 kHz. A súa fórmula dental é .
Distribución
[editar | editar a fonte]Está amplamente distribuído por Centroeuropa acadando o sur de Escandinavia, está presente no norte de África e na maioría das illas do Mediterráneo, , aínda que pode ser raro nestas rexións, chegando até Turquía e a península de Crimea en Ucraína. En España a maioría das observacións realizáronse na metade setentrional, áchase presente nas Illas Baleares, na illa de Mallorca e nas Canarias, nas illas de Tenerife e La Gomera.
Único representante do seu xénero en Europa. As poboacións das Illas Canarias inclúense na subespecie Barbastella barbastellus guanchae.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Trátase dun morcego pouco gregario, o tamaño das colonias adoitan ser de poucos individuos, normalmente por baixo dos 15 exemplares. Especie citada habitualmente en zonas montañosas e non especialmente asociado a zonas forestais, refúxiase tanto en árbores, como en casas e refuxios subterráneos, neste último caso sobre todo en inverno.
Ameazas
[editar | editar a fonte]Ao tratarse dunha especie que en áreas forestais adoita ocupar buratos nas árbores, veríase afectado pola dispoñibilidade de árbores de tamaño suficiente. A maior parte das localizacións desta especie están situadas en edificacións antigas en ambientes rurais e poden verse afectados polos problemas habituais deste tipo de refuxios (remodelación, ruína e molestias...). Non obstante as colonias do morcego das fragas adoitan mudar con frecuencia de localización e por isto veranse menos afectadas ca outras especies que utilizan estes refuxios de forma máis estable (p. e. rinolófidos, Myotis emarginatus).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Morcego das fragas voando.
-
Colonia de Barbastella barbastellus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gonzalez, Félix (autor) L. J. Palomo, J. Gisbert y J. C. Blanco (eds) (2007). "Barbastella barbastellus". En Dirección General para la Biodiversidad -SECEM-SECEMU. Atlas y Libro Rojo de los Mamíferos Terrestres de España (PDF). Madrid. p. 241-245.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morcego das fragas |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morcego das fragas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Atlas y Libro Rojo de mamíferos terrestres de España, no Atlas da biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. Visto en agosto do 2020
- Barbastella barbastellus en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).(en inglés) Visto o 18 de outubro de 2018.
- Status de conservación: Amori, G., Hutterer, R., Krystufek, B., Yigit, N., Mitsani, G. & Muñoz, L. J. P. 2008. Barbastella barbastellus. In: IUCN 2009. IUCN Lista Roja de Especies Amenazadas. Version 2009.1. Arquivado 09 de febreiro de 2011 en Wayback Machine. <www.iucnredlist.org>. (NT).