Saltar ao contido

Basílica de San Vidal de Rávena

(Redirección desde «Basílica de San Vital de Rávena»)
Basílica de San Vidal de Rávena
Vista da Basílica
Datos xerais
PaísItalia Italia
Tipobasílica
AdvocaciónSan Vidal
LocalizaciónRávena
Coordenadas44°25′14″N 12°11′47″L / 44.420555555556, 12.196388888889
CatalogaciónPatrimonio da Humanidade
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseArquidiocese católica latina de Rávena
Arquitectura
Construción527 - 547
EstiloArquitectura paleocristiá
Arte bizantina
Páxina webhttps://www.ravennamosaici.it/basilica-di-san-vitale/
Basílica de San Vidal en Italia
Basílica de San Vidal
Basílica de San Vidal
Basílica de San Vidal (Italia)
editar datos en Wikidata ]

A basílica de San Vidal de Rávena[1] (en italiano: Basilica di San Vitale) é un dos templos máis importantes da arte bizantina que, coma outras da cidade de Rávena, foi reformada por desexo expreso do emperador Xustiniano I a partir de construcións anteriores a fin de acelerar a integración dos territorios conquistados ó imperio Bizantino.

A obra financiouse cos cartos do banqueiro Xuliano Arxentario (Iulianus Argentarius), de quen se sabe pouca cousa: era de orixe grega e tamén patrocinou a construción da basílica de Santo Apolinar in Classe.[2] Foi supervisada polo arcebispo da cidade, Maximiano de Rávena, quen a consagrou no ano 547. Todos estes personaxes aparecen na decoración de mosaicos que se fixo entre os anos 546 e 548, ano da morte da emperadriz Teodora. Estes mosaicos son un bo exemplo das artes figurativas bizantinas e dan unha idea de como puideron ser construídas estas obras durante a querela iconoclasta dos séculos VII e VIII e a caída de Bizancio en mans dos turcos otománs: en San Vidal as obras preserváronse, en primeiro lugar, porque Rávena posiciounouse en contra dos iconoclastas e, en segundo lugar, porque a cidade xa non era bizantina durante a invasión turca. Por estas razóns, as imaxes salváronse de ámbalas dúas catástrofes artísticas.

No ano 1960, a igrexa de San Vidal recibiu o título de basílica menor[3] polo papa Xoán XXIII. Está incluída, xunto con outros monumentos de Rávena, na lista de Patrimonio da Humanidade da UNESCO dende o ano 1996, dentro da serie "Monumentos paleocristiáns de Rávena[4]".

  1. Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
  2. Ravenna Festival (ed.). "Basilica di San Vitale" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 8 de xaneiro de 2011. 
  3. "Gcatholic.org" (en inglés). Consultado o 10-11-2016. 
  4. "Sitio da UNESCO (Monumentos paleocristiáns de Rávena)" (en francés). Consultado o 11-11-2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]