Batería militar de Baredo
Batería militar de Baredo | |
---|---|
As edificacións principais | |
Presentación | |
Localización | cabo Silleiro |
Dirección | Baredo, Baiona |
Construción | |
Data da construción | 1936 |
A batería militar de Baredo, tamén coñecida como batería de costa J4 de Cabo Silleiro,[1] foi unha instalación militar situada nas inmediacións do cabo Silleiro, moi preto do faro de Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello de Baiona. Atópase na actualidade en ruínas.
Historia
[editar | editar a fonte]Aínda que xa existira dende 1923 unha base,[2] non foi ata despois da Guerra Civil cando se construíu definitivamente coa finalidade de defender a entrada da ría de Vigo.[1] Os terreos onde se asentou pertencían á veciñanza de Baredo, sen que recibisen ningunha compensación.[3][4] Foi utilizada entre 1940 e 1969,[5] aínda que os soldados do último retén abandonaron as instalacións en 1998.[4]
Formaba parte do sistema defensivo conformado polas baterías do Grove (J1), Cabo Udra (J2), Monteferro (J3) e A Guía (J6).[1]
En 2021 o Concello de Baiona comproulle os terreos ao Ministerio de Defensa.[6]
Instalacións
[editar | editar a fonte]Atópase na aba do monte de Silleiro. Accédese a el mediante unha estrada, presidida por un arco.[2] No recinto atopábase unha cantina, os servizos, os barracóns e a casa do sarxento. Existía unha rede de túneles que comunicaban os catro canóns e o búnker de telemetría.[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Máxica, Galicia (2016-03-03). "Ruinas del cuartel militar de Cabo Silleiro - Baterías J4-J5". Galicia Máxica (en castelán). Consultado o 2023-10-16.
- ↑ 2,0 2,1 "La Batería Militar J4 de Cabo Silleiro". Guíate Galicia (en castelán). 2019-08-30. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ Redacción (2017-09-16). "Más de 300 personas muestran su rechazo al campo de golf de Baredo". ValmiñorTV (en castelán). Consultado o 2023-10-16.
- ↑ 4,0 4,1 "La batalla más dura de la batería militar de Cabo Silleiro". La Voz de Galicia (en castelán). 2014-02-26. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ Redacción (2021-05-08). "La Batería de Costa de Cabo Silleiro, otro puntal turístico". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-10-16.
- ↑ "Baiona compra la batería militar de Cabo Silleiro por 370.000 euros". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-03-25. Consultado o 2023-10-16.
- ↑ "La Batería Militar J4 de Cabo Silleiro". Guíate Galicia (en castelán). 2019-08-30. Consultado o 2023-10-16.