Bea Rey
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de marzo de 1939 (85 anos) A Coruña, España |
Educación | Real Academia de Belas Artes de San Fernando |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Diccionario enciclopédico galego universal Enciclopedia Galega Universal |
Beatriz Rey Gómez-Guitián,[1] nada na Coruña o 17 de marzo de 1939,[2] é unha pintora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bea Rey naceu na Coruña, filla do farmacéutico e empresario José Rey, que participou na fundación do Grupo Sargadelos. Desde nova tivo relación con artistas como Luís Seoane ou Rafael Dieste.[1]
Licenciouse en 1968 na escola da Real Academia de San Fernando de Madrid, e ese ano realizou a súa primeira exposición individual na Sala Quijote desa cidade.[1] Entre 1968 e 1970 formou parte do movemento Estampa Popular Galega,[3] co cal expuxo en Galicia e Montevideo; unha «subversiva» estampa dela, xunto con outras dúas, provocou que a exposición celebrada en Tui rematase coa detención dos organizadores e a clausura obrigada por «injurias a la Nación, al Ejército y a la Guardia Civil».[4] Posteriormente expuxo en varias cidades galegas e en países como Finlandia, Francia e Alemaña.[1]
A obra de Rey, cunha destacada presenza da xeometría e mesmo do cubismo, avanzou cara ao surrealismo.[5]
Legado
[editar | editar a fonte]En marzo de 2019 inaugurouse no Lago (Cumbraos, Sobrado) o museo Bea Rey.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Bea Rey en Afundación
- ↑ Dama de Elche
- ↑ "Beatriz Rey". Museo Reina Sofía. Consultado o 3 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Artigo de Aurelia Balseiro para o Museo de Lugo" (PDF).
- ↑ "Isabel Rey: "Mi hermana Bea no quiso vivir más que para la pintura"". El Correo Gallego (en castelán). 28-03-2019. Consultado o 08-05-2022.
- ↑ Molezún, Fernando (29-03-2022). "Un oasis del arte de vanguardia de Bea Rey en medio de la naturaleza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 08-05-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Pablos, Francisco (1981). Plástica Gallega (en castelán). Caja de Ahorros Municipal de Vigo. ISBN 84-7231-603-3.
- Pablos, Francisco (2003). A pintura en Galicia - La pintura en Galicia (bilingüe) . Nigra Trea. ISBN 84-95364-15-8.
- AA. VV. (2019). Bea Rey: Museo (en castelán). ISBN 978-84-09-05734-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museo Bea Rey
- Bea Rey en Pintores Gallegos
- Obras de Bea Rey no Museo Reina Sofía.