Bernardo de Toledo
Aparencia
(Redirección desde «Bernardo de Sedirac»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1040 ↔ 1045 ![]() La Sauvetat, Francia ![]() |
Morte | abril de 1128 ![]() Toledo ![]() |
![]() | |
15 de outubro de 1088 – ← Pascual de Toledo (en) ![]() | |
Abade | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia ![]() |
Relixión | Igrexa católica ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico ![]() |
Lingua | Lingua francesa ![]() |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito ![]() |
Consagración | Urbano II ![]() |
Bernardo de Toledo, tamén coñecido como Bernardo de Sedirac, nado en Agen e finado en Toledo en 1125, foi un monxe cluniacense que serviu nos mosteiros de Auch e Cluny.
No ano 1080 Hugo de Cluny enviouno á Península Ibérica como abade do mosteiro real de Sahagún. Tras a conquista de Toledo foi nomeado (1086) o seu arcebispo e conseguiu do papa Urbano II no 1088 a conversión da sé metropolitana de Toledo en primada de España e no 1093 foi nomeado legado papal para Hispania. O arcebispo Xelmírez e el estiveron en permanente enfrontamento.