Atol Beru
Aparencia
(Redirección desde «Beru»)
Tipo | illa Atol ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Illas Gilbert ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Illas Gilbert, Kiribati ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 475 (![]() ![]() | |||
Superficie | 17,65 km² ![]() | |||
Beru (tamén coñecida como Eliza, Illa Francis, Maria, Peroat, Illa Peru e Sunday) é un atol coralino localizado ao sur das illas Gilbert, pertencentes á República de Kiribati, no océano Pacífico.
Ten ao redor de 15 km de longo (de noroeste a sueste) e 4.75 km de ancho no seu punto máis ancho (de nordés a suroeste). O centro do arrecife é unha depresión pouco profunda, chamada Nuka. Atópase 96 km ao leste de Tabiteuea e 426 km ao sueste de Tarawa, preto da liña ecuatorial.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A masa de terra ocupa máis dun terzo da estrutura do arrecife, e está maiormente situada cara ao extremo nordés da illa. Na súa máxima dimensión, a illa ten 13,9 km de longo, e varía entre 0,5 e 2,9 km de anchura. As súas aldeas son Rongorongo e Tabukinberu.