Blanca Silva
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1951 (73 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | pintora |
Blanca Silva Rodríguez, coñecida como Blanca Silva, nada na Coruña o 17 de abril de 1951 é unha artista plástica galega. Foi mestra de educación infantil, xadrecista. É bisneta do xurista e escritor e xornalista galego Alberto García Ferreiro.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Independizouse moi nova da súa familia, instalándose en Madrid, onde cursou o Preuniversitario e iniciou os estudos de Ciencias políticas na Universidade Complutense de Madrid. Gradouse como mestra de Educación Xeral Básica, na especialidade de lingua e literatura, na Escola Universitaria do Profesorado de EXB de Pontevedra. En 1979 aprobou a oposición ao corpo de mestras e mestres de educación básica e comezou a traballar en diferentes escolas do rural galego, entre elas a unitaria de Tremoedo (Pontevedra) e, máis tarde, en Barcelona.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Formou parte, desde os inicios, do Grupo de Teatro Circo, creado por Manuel Lourenzo en 1967. Utilizou o teatro como ferramenta de traballo nas aulas, como tamén o coa pintura, creando novas dinámicas nos centros de ensino. Previamente á expresión plástica, Blanca escribiu poemas como algo íntimo e persoal, pulsión coa que continúa actualmente; así literatura e arte irán da man para confluír nunha hibridación de intensa forza lírica.
Pintora e escultora autodidacta, que complementou cunha formación avanzada en técnicas de gravado, acadada na realización de numerosos cursos no Centro Internacional da Estampa Contemporánea (Betanzos, A Coruña). Realizou a súa primeira exposición individual en 1985 no Espacio de Arte Casiopea (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
Participou en bienais e salóns artísticos como a Bienal de Outono do Museo de Belas Artes da Coruña, a Bienal Balconadas (Betanzos) en varias ocasións, onde obtivo un áccesit no ano 2000; ou o Salon D'Automne (Grand Palais, París – Sarria, 2008). Foi seleccionada no XVII Premio Internacional de gravado Máximo Ramos (2004).
Polo que se refire á escultura, os materiais utilizados son, fundamentalmente cerámica e madeira, con eles crea figuras, corpos e cabezas que, en ocasións, semellan exvotos. Igualmente, incorpora nalgunhas pezas volumétricas, técnicas procedentes do gravado e, incluso, a palabra escrita, para crear instalacións, como na súa serie Palabras salvadas do lume (2006), resposta artística da autora á queima da Biblioteca de Bagdad.
Tamén realiza gravado sobre papel e tea, así como fotografías propias intervidas con cor (infografías).
As súas obras ilustraron diferentes publicacións: revistas como Casahamlet, Anuario Brigantino, El Extramundi y los Papeles de Iria Flavia, Memories; prensa: O Correo Galego ou El Periódico de Cataluña; así como as capas dalgúns poemarios[2]. Ilustrou tamén o conto Unha pomba branca, de Fina Casalderey[3].
Estilo
[editar | editar a fonte]A súa obra comezou na figuración expresionista, cunha marcada tendencia onírica. Os debuxos de soños marcarán os seus inicios, materializados en imaxes simbólicas sobre anacos de tea e cartóns. Pouco a pouco a cor e a luz acabarán por invadir o lenzo e disolverán a forma, desembocando nun expresionismo abstracto que, en ocasións, conecta con obras de Mark Rothko[1] ou Antonio Murado.
Emprega unha técnica mixta na que experimenta con todo tipo de materias (pigmentos naturais mesturados con colas, cinzas e outros elementos) que superpón en numerosas capas. A finalidade, como a propia autora indica en entrevistas persoais realizadas para diferentes medios, é “amosar o baleiro”, “chegar ao punto cero do sentimento máis fondo".[1]
Críticas
[editar | editar a fonte]Xoán Abeleira describiu a súa arte como “a arte de baleirarse”[1]. Josep M. Cadema, nunha crítica realizada sobre unha exposición da autora, escribiu: ¿Qué es el alma? Sinceramente, lo ignoro, pero creo que ha de ser lo más parecido al fluído, vaporoso y sutil, fuerte en su aparente debilidad que he visto representado en un cuadro de Blanca Silva”[4]. Xulio López Valcárcel afirmou que na súa pintura “a angustia se expresa con silecioso grito”[5]. A escritora, Luísa Vallalta: “Blanca constrúe, levanta paredes de pedra, mater-materia, no seu propio nome, que é unha Agra en branco entregada a un son invisíbel, a unha luz renxente, a unha luz branca sempre a punto de entrar como entra a luz branca do mencer de cada día, desde o comezo do mundo, en sixiloso rito, na Agra da Soleira".
Obra
[editar | editar a fonte]Exposicións individuais
[editar | editar a fonte]- 2015. Libraría Berbiriana, A Coruña pintada (A Coruña)
- 2010. Galería Dua Dos (Vigo)
- 2009. Galería De Opsteker/Eduarte Dorpskerk (Durgerdam, Holanda) e na Galería Atlántica Centro de Arte, coa mostra Agua (A Coruña)
- 2008. Galería Coleccionan, con Palabras salvadas do lume (A Coruña)
- 2007. Rectoral de Cines (A Coruña)
- 2006. Galería Paloma Pintos. Onde habita o vermello (Santiago de Compostela) e na Galería CIEC, Palabras salvadas do lume (Betanzos)
- 2005. Galería Dua Dos, Supervivintes (Vigo)
- 2004. Galería Paloma Pintos. (Santiago de Compostela)
- 2000. Galería Paloma Pintos, A luz na Agra da soleira (Santiago de Compostela)
- 1999. Casa da Cultura - Casa Charry. Concello de Oleiros (A Coruña).
- 1998. Espacio de Arte: Winterthur (A Coruña)
- 1996. Espacio de Arte: Heliogábal (Barcelona)
- 1995. Galería Atlantica (A Coruña)
- 1994. Espacio de Arte: Lañola (Barcelona)
- 1993. Galería Brondo, Sonata para piano sobre fondo rojo (Palma de Mallorca)
- 1991. Galería Cartoon (Barcelona).
- 1987. Espacio de Arte: Zelig (Barcelona)
- 1986. Espacio de Arte: Zona 7 (Pontevedra)
- 1985. Espacio de Arte: Casiopea (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra) e Espacio de Arte: Pizarra. (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra)
Exposicións colectivas
[editar | editar a fonte]- 2020. Fundación Venancio Salcines. Nosas (Oleiros, A Coruña)
- 2019. Liceo de Betanzos. Oito séculos, oito artistas (Betanzos, A Coruña)
- 2007. Centro Internacional de Estampa Contemporánea. Betanzos. A Coruña
- 2008. Lugo
- 2005. Feria Internacional de Estampa Madrid. Con Galería C5 colección Máster CIEC Liceo de Betanzos. Colectivo Intre Xunta de Galicia Lugo Colectivo Intre Casa de Galicia en Lisboa
- 2004. Colectiva de gravado: Flying Carpet. Edificio Torrente Ballester de Santiago de Compostela (marzo 2004) Seleccionada en XVII Premio Internacional de gravado Màximo Ramos. Concello de Ferrol.
- 2001. Tres grabadores del CIEC, Omar Kassel, Anne Heyvaert y Blanca Silva Liceo de Betanzos. (Betanzos, A Coruña )
- 1993. Participación en París da mostra de pinturas nos actos de Axuda e solidariedade coa cidade de Saraxevo
- 1989. Sala de Arte Magoria. Barcelona
- 1986. Pintura-Escultura. Instituto Valle-Inclán. Pontevedra seleccionada no Concurso de pintura del Ayuntamiento de Martorell, Barcelona Pabellón de diseño y arte inmediato.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Abeleira, Xoán (3 de abril de 2009). "Blanca Silva, a arte de baleirarse". elpais.com (en castelán). Consultado o 12-3-2020.
- ↑ Villalta, Luísa (2004). En concreto. Espiral Maior. ISBN 978-8495625984.
- ↑ Casalderrey, Fina (1997). "Unha pomba branca". O Correo Galego.
- ↑ Cadena, Josep María (30 abril, 1991)). "Blanca Silva". El Periódico de Cataluña.
- ↑ López Valcárcel, Xulio (2007). Sinais na area. Escritos sobre Arte. Deputaciòn Provincial da Coruña. ISBN 978-84-9812-072-1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fernández, Xurxo; Silva, Luis; Cadena, Josep M.; Batlló, José (1995). Blanca Silva (en castelán). A Coruña: Atlántica Centro de Arte.
- Heyvaert, Anne; Herranz Pascual, Yolanda; Cendán, Susana (2004). Flying carpet : exposición itinerante. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-3745-9.
- López Valcarcel, Xulio (2007). Sinais na area. Escritos sobre Arte. A Coruña: Deputaciòn Provincial da Coruña. ISBN 978-84-9812-072-1.
- Martínez Cerezo, Antonio (1985). Arte. Diccionario de pintores españoles. Segunda mitad del Siglo Veinte (en castelán). A Coruña: El Ideal Gallego / Época. ISBN 978-92-0-295204-1.
- Pillado Vega, Ana (2004). Blanca Silva. Santiago de Compostela: Paloma Pintos, Galería de Arte.
- Rueda Alonso, Margarita, ed. (2003). Guía de artistas de Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 9788445335079.
- VV.AA. (2008). Salon D'Automne, 2008 Grand Palais París - Sarria. Lugo: Salon D'Automne.