Bolo alimentario
Aparencia
(Redirección desde «Bolo alimenticio»)
Na dixestión, o bolo alimentario[1] (do latín bolus, 'bóla') é unha masa de alimentos (nos animais que mastigan) que foi esmagada polas moas no porceso de mastigación e mesturada con saliva.
Durante o proceso de insalivación o bolo alimentario remata de se formar.
A formación do bolo alimentario persegue aumentar a relación superficie-volume das partículas dos alimentos e así facilitar a acción dos enzimas dixestivos sobre estas e, por outra parte, facilitar a súa deglutición.
Ao chegar ao estómago, en contacto co zume gástrico, convértese en quimo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bolo. Consultado o 14-08-2017.
- ↑ "bolus (biology) - Britannica Online Encyclopedia". Britannica.com. Consultado o 2012-02-21.